Los Hermanos Zapruder publican na rede o seu terceiro álbum

A banda achega dez novos temas en Long Way Zaphome

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Los Hermanos Zapruder publican na rede o seu terceiro álbum

Logo de catro anos de silencio discográfico, Los Hermanos Zapruder voltan á palestra cun novo álbum que, como os anteriores, está dispoñible no seu Bandcamp. Os dez novos temas de Long Way Zaphome manteñen a orientación de jazz, soul e R&B da banda, con algunhas experimentacións como os toques disco de Cheater Man ou achegamentos ao funkhy. A voz de Li'l Eba continúa á fronte da formación de Gondomar, con Germán Prieto á guitarra, Simón López ao baixo, Iván Trigo na batería e Diego Sampedro a se ocupar dos teclados.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz

Claves

Conceptos