Fransy González presenta as súas recollidas tradicionais cun novo formato en 'Manhe'

A cantareira faise acompañar da Orquestra de Cámara Galega e do saxofonista Pedro Lamas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Fransy González presenta as súas recollidas tradicionais cun novo formato en 'Manhe'

A conxunción da herdanza musical das cantareiras a música de cámara e o saxo soprano nun espectáculo que é unha homenaxe á raíz, así preséntase 'Manhe'. A artista arteixá Fransy González, pandereteira e cantareira, leva toda a vida recollendo a música das aldeas e ensinándolla a outros como mestra. Con 'Manhe' da un paso á fronte na súa carreira, facéndose acompañar por máis de vinte músicos dunha gran orquestra de corda e contando co saxofonista Pedro Lamas, que é responsable dos arranxos e da dirección musical. A voz de Fransy e as músicas de tradición oral recollidas ao longo da súa vida serán, con todo as grandes protagonistas neste espectáculo que terá a súa estrea este vindeiro domingo no teatro Colón da Coruña. Pasado e presente, memoria e creación, nunha posta en escena coidada e profundamente evocadora que reivindica e impulsa o legado das cantareiras que este ano 2025 está a afianzar o seu papel fundamental na música galega do pasado e do futuro. No mesmo acto poderá mercarse un vinilo de 7'' con tres dos temas do espectáculo

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Teatro, Tradición oral, Teatro Colón da Coruña