Quique Peón Cía recrea a Revolta Irmandiña nun musical

O Poder do Arcabuz estréase o vindeiro 7 de decembro no Teatro Colón

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Quique Peón Cía recrea a Revolta Irmandiña nun musical

Un espectáculo musical de grande formato que recrea a Revolta Irmandiña a mesturar música, actuación e danza. O Poder do Arcabuz é o novo proxecto de Quique Peón Cía, unha grande produción que integra 35 bailaríns, 20 músicos e 40 persoas no coro e que conta coa colaboración do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina. O proxecto pretende narrar a Revolta Irmandiña e amosar o arcabuz, arma de pólvora empregada polos nobres, como "metáfora do poder e dos cartos". Na obra o baile e a música tradicional serve como fío de conexión e inclúe unha grande variedade danzas, músicas, cantos e coreografías, entre elas formas de orixe medieval.Na montaxe posúe unha especial importancia a música, que mestura temas tradicionais e clásicos, con dirección por Pedro Lamas e interpretada por unha orquestra creada para a ocasión con quince músicos, un grupo de pandeireteiras e un coro de corenta voces. O proxecto forma parte do programa de residencias do Teatro Colón e estrearase nesta mesma sala o vindeiro sete de decembro, con outra función prevista para o día 8.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Colón, Danza, Clásicos...

Claves

Entidades
Lugares