Por segunda vez, o Diario Oficial de Galicia recolle a incoación do expediente da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural que declara ben de interese cultural o baile tradicional galego. A proposta, que na súa primeira tentativa fora anulada pola cantidade de recursos recibidos, inclúe nesta ocasión a música tradicional no seu texto, e afecta tanto ao baile máis improvisado das foliadas como a formas de grupo con coreografÃas tradicionais. O texto tamén protexe as recreacións de bailes tradicionais que diferentes compañÃas desenvolven con formatos escénicos, e prevé a creación dun arquivo público e aberto con material de recollidas.
Segundo a definición do expediente, "o baile tradicional galego é unha expresión artÃstica relevante e herdada que, máis aló da beleza estética dos seus movementos harmónicos ou acompasados, ou da súa expresividade e sensibilidade asociada á capacidade e á habelencia fÃsica, é unha ferramenta de identificación social, un exercicio de comunicación e afirmación que colabora na cohesión entre as persoas dunha comunidade e que propicia unha canle de comunicación lúdica e activa que convida ao aprecio e ao intercambio de coñecementos e experiencias". A declaración abrangue tamén, aÃnda que sen detallar, a música tradicional, ao considerala "soporte e parte fundamental e indisoluble do baile tradicional galego, en calquera das súas manifestacións que lle serven ou lle poden servir de soporte".
No campo estritamente do baile, o texto apunta catro variedades que fican baixo a protección como BIC. Primeiro, recoñécense "os bailes que se executan seguindo os códigos e as convencións propias do baile tradicional galego (puntos, movementos, xeitos, colocación corporal, posicións de pés e brazos, braceos, coreografÃas de conxunto, etc.), aberto a todos os asistentes e que se manifesta nas ruadas". Neste sentido protéxense as formas máis espontáneas e abertas da actividade. Canda a estas, apúntanse "os bailes pautados que se executan segundo fórmulas preestablecidas de puntos, xeitos, movementos e coreografÃas, por veces asociadas a melodÃas determinadas", uns tipos que, segundo advirte a introdución da declaración, son "os que precisan arestora de especial atención e salvagarda" pola súa menor representación social na actualidade.
A protección abrangue tamén "os bailes que representan en recreacións e reconstrucións escénicas as agrupacións folclóricas, a xeito de mostra documental e exhibición dos bailes recollidos no pasado polas propias asociacións". Esta variedade, que emprega as formas convencionais do baile tradicional "adoita usar nas representacións réplicas de indumentaria decimonónica" e posúe "un forte valor de identidade cultural, enraizada na herdanza e perduración do pasado", aÃnda que salienta que estas "son manifestacións da arte do espectáculo, executadas para seren contempladas".
Deste xeito, esta declaración a diferenza da anterior tentativa, fai máis énfase na importancia dos encontros coñecidos como seráns, fiadeiros ou polavilas, como "espazos abertos de aprendizaxe; de transmisión informal, espontánea e imitativa; de inculturación e sociabilidade; de negociación de prácticas corporais, vocais e expresivas e, en definitiva, os lugares privilexiados para o mantemento, fortalecemento, conservación e reintegración da música e do baile tradicionais como patrimonio cultural inmaterial de Galicia". Sen entrar detallar tanto formas especÃficas de baile nin a cronoloxÃa do seu desenvolvemento, diferenza entre soltos e agarrados e inclúe tamén aqueles que se foron incorporando ao noso patrimonio ao longo dos anos, ademais de diferenciar entre formas e actores tradicionais da transmisión e as propostas escénicas e asociativas que na actualidade levan o peso deste proceso.
AsÃ, á hora de definir quen considera como portadoras deste patrimonio, a declaración establece que se trata de toda aquela persoa "que posúe saberes, coñecementos, técnicas e métodos relacionados co estudo, memoria e vivencia do baile e da música tradicionais galegos, incluÃndo calquera dos planos prácticos en que se poden dar e/ou ver relacionados: a execución, a transmisión, a artesanÃa, etc." Nesta listaxe inclúe " Intérpretes: cantadoras, instrumentalistas e bailadoras", mestras, profesionais da música e do baile tradicionais, alumnado, informantes, artesáns e luthiers, persoas que fixeron compilación de coñecementos sobre o tema e tamén "persoas particulares", entendido como "todas as persoas posuidoras de coñecementos e saberes e relacionadas coa música e co baile tradicionais, por estaren inculturadas na vivencia das súa práctica". O expediente recoñece que "na actualidade, a música e o baile tradicionais e os saberes técnicos relacionados con eles transmÃtense a través do tecido asociativo, de escolas de ensino regrado e non regrado, de agrupacións e proxectos musicais relacionados coa música tradicional, e das dinámicas vivas que se producen nas incontables ruadas que se organizan en todo o territorio galego".
De cara a manter este patrimonio, a declaración establece que tanto as universidades galegas como as administracións deberán promover a investigación e difusión sobre as formas deste ben, a incluÃr encontros ou publicacións. Tamén apunta o interese de que as administracións aposten por inventariar, catalogar e dixitalizar os arquivos de recolleitas realizadas por membros da sociedade civil desde os anos 70 do século pasado, con vistas a facelos públicos. Como obxectivo deste traballo apunta "a creación dun arquivo audiovisual público na rede, sustentable no tempo, gratuÃto e de libre acceso".
Canda a outras medidas, incÃdese tamén na aposta por divulgar estas formas nos medios de comunicación e no ámbito do ensino. Tamén se recolle o interese por manter formas comarcais de baile, a aposta por promover "a profesionalización das expresións culturais relacionadas co baile e coa música tradicionais de Galicia", ou o apoio das administracións á organización de foliadas e seráns.
Como punto final, o texto do DOG establece que "transcorridos nove (9) anos desde a declaración deste ben de interese cultural, elaborarase un estudo de actualización que avalÃe o estado do ben de interese cultural e o impacto que sobre este exerceron tanto os procesos contemporáneos como a aplicación destas medidas de salvagarda", de xeito que se poidan modificar as propostas na actualidade. A diferenza da anterior proposta, non se establece un órgano de xestión especÃfico para promover medidas de protección, un órgano que prevÃa contar con representantes dalgunhas das asociacións históricas que levan décadas a traballar neste campo
A anterior tentativa de protexer este patrimonio como ben de interese cultural desenvolvérase en 2018, e ficou sen efecto en marzo de 2020 logo dunha intensa campaña de alegacións por parte de persoas e colectivos do sector, que consideraban que aquel primeiro texto non protexÃa axeitadamente o ben. A maior parte das alegacións entendÃan que o expediente non tiña en conta abondo as comunidades e colectivos que portan estes saberes, ademais de deixar fóra a música e non explicar claramente o ámbito que protexÃa, entre outras cuestións. De cara a esta segunda declaración, a Xunta de Galicia contou cun informe da Asociación Galega de AntropoloxÃa, que se empregou como base do novo texto.