Xacarandaina porá ata 80 artistas en escena para estrear este sábado, 23 de xullo, en Santa Comba a súa nova montaxe de música e baile 'Endaterra'. O espectáculo creado e dirixido polo coreógrafo Henrique Peón fusiona distintas artes escénicas como son o teatro, o baile e a música tradicional galega (melódica e vocal) tradicional para poñer en valor a arte inmaterial da ruta xacobea que transcorre dende A Coruña até Santiago e a que leva até Fisterra e MuxÃa. O corpo de baile constitúese con trinta persoas de entre 17 e 35 anos que, mentres que o grupo de pandeiretas está formado por doce mulleres que se encargarán da percusión de man. A peza tamén incluirá un grupo de gaitas que abrangue tres destes instrumentos, tamboril, bombo e pandeireta que, xunto co saxo, clarÃn, trompeta e tubo da charanga tocarán pezas tradicionais de distintas épocas. O coro contará con 35 voces e o amplo despregue artÃstico completarase con Os do fondo da barra, grupo doce homes e un acordeonista que se encargarán de representar coa compaña de percusión os antigos cantos de taberna.
O argumento baséase na peregrinación feita en 1900 por unha aristócrata inglesa e a súa doncela de orixe galega a Santiago con epÃlogo a Fisterra e MuxÃa. A viaxe desta intrépida muller divÃdese en tres etapas: a primeira realÃzase en barco desde o porto do Londres até o de A Coruña, despois a pé desde a cidade herculina até a capital de Galicia e logo até os confÃns da Costa da Morte. A montaxe conta cunha banda sonora única que foi composta en exclusiva e dispón dunha singular produción audiovisual para crear unha paisaxe sonora e visual con imaxes e sons naturais destes itinerarios xacobeos. Desenvólvese asà un traballo de investigación dos bailes, divertimentos, danzas, cancións, traxes e tradicións dos 18 concellos polos que transcorren estas dúas vÃas a Santiago. O material etnográfico que se emprega forma parte do arquivo do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, froito do seu traballo de recollida durante máis de corenta anos de traxectoria e que abrangue os concellos da Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Abegondo, Ordes, MesÃa, Oroso, DumbrÃa, Ames, Negreira, Mazaricos, Cee Corcubión, Fisterra MuxÃa e da propia Compostela. Xacarandaina estrea no Pavillón de Deportes de Santa Comba ás 22:15 horas este espectáculo co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e as asociacións de Concellos do Camiño Inglés e do Camiño Fisterra-MuxÃa, que despois tamén se poderá ver en Negreira (15 de agosto), DumbrÃa (15 de outubro), Oroso (22 de outubro), Abegondo (5 de novembro) e Culleredo (19 de novembro).