Un espectáculo que combina baile tradicional, danza, música de raÃz, teatro, imaxes ilustradas, paisaxe sonora, deseño de luz e unha banda sonora exclusiva. Esta é a proposta de Endaterra, nova produción da agrupación tradicional Xacarandaina que se poderá ver en diferentes concellos polos que transcorre o Camiño Inglés a Santiago e mais a ruta Fisterra-MuxÃa.
Esta montaxe de gran formato permitirá escoitar "trinta pezas musicais novidosas recuperadas, ver dez bailes antigos reconstruÃdos e apreciar máis de 15 vestiarios de roupa diferentes", segundo sinala a organización. A montaxe artéllase arredor dunha "historia netamente galega que fala da amizade e do compromiso entre as persoas, e da maxia que ten o noso paÃs".
Quique Peón, director de Xacarandaina, salienta que a proposta "non só percorre un camiño xeográfico, senón que pon en valor o baile, a música, o traxe, as tradicións e, en definitiva, a arte inmaterial do Camiño Inglés desde A Coruña a Santiago de Compostela e o Camiño de Fisterra MuxÃa, dándolles unha unidade e dándolle un selo de identidade a unha parte de Galicia marabillosa e única".
As paraxes desta proposta serán o 25 de xullo en Santa Comba, o 27 de agosto en Negreira, o 15 de outubro en DumbrÃa, o 22 de outubro en Oroso, o 5 de novembro en Abegondo e o 19 de novembro en Culleredo. A iniciativa conta co apoio da Deputación da Coruña e da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración Da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e da Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-MuxÃa.