Lontras debutan co longo 'Caras no lume'

A banda viguesa reúne no LP as cancións que foi presentando e novos temas

26/9/2025 | Santiago. Redacción / S. Montes | Seccións: Música

O trío vigués Lontras, formado por Juan Arca (voces, guitarras e outros instrumentos), Zalo Rodríguez (sintetizadores), e Sunil López (piano) debuta coa publicación deste disco 'Caras no lume' (Raso, 2025), que xa está dispoñible en plataformas dixitais. A través dos seus nove temas, moitos deles xa avanzados previamente, o trío móvese desde un marcado son indie-folk, con trazos de psicodelia e abrazando en varios deles as achegas electrónicas dos sintetizadores, mentres que noutros mantense no máis absoluto son acústico e intimista. As letras de Juan Arca, todas en galego, amosan unha intención autoral moi personalizada tamén á súa voz. Arca asina letra e música en todas as cancións, agás en 'Cinco fiestras' onde adapta un poema de Álvaro Cunqueiro. O disco gravouse nos estudios Garaxeland con produción a cargo de Juan Arca e Zalo Rodríguez. Para a gravación de outros instrumentos o trío contou con Rubén Iglesias (baixo); María Jorge (violín) e Clara Virseda (violonchelo).

Que che parece esta nova?
192 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Folk, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas