culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

23 / 1 / 2008

Pensando traxectos

Non queda dúbida que é moi difícil retratar a presenza, pero moito máis complicado resulta capturar e presentar os traxectos, as liñas. Cando isto se aplica á creación contemporánea increméntase a dificultade. Por iso, nisto de describir perspectivas en camiño, en evolución, quedan como exemplos destacados os denominados certames de arte actual. Nestes días visitamos unha nova edición dun dos máis
...
17 / 12 / 2007

Paisaxe en horizonte

Quizais unha das maiores sorpresas que produce a mostra que presenta Manolo Paz nesta galería sexa a distribución das pezas escultóricas no espazo expositivo; nun aparente cambio de poéticas, de obras, que segue mantendo fontes e voces de atracción co pasado, coa súa traxectoria. Quizais acostumados aos seus fitos verticais, ás buscas en interiores, en baleiros que penetran os ventres de pedra, a
...
26 / 11 / 2007

De lados borrosos

Nunca se pode imaxinar un futuro, nin tan sequera retratalo antes de deixarse emocionar, alterar, envorcar; antes de dispoñer os centos de dúbidas e caídas da realidade. Nunca se pode imaxinar tampouco o presente. Quizais esas sexan as verdadeiras enerxías que Carlos Pazos (Barcelona, 1949) proxecta en todos os seus traballos, sempre inesquecibles. A mostra que presenta estes meses na galería comp
...
20 / 7 / 2007

Hábitats inesperados

Mentres buscamos pretextos nas ducias de excusas expositivas que podemos visitar nestas datas estivais, preguntámonos onde podemos atopar as marxes da estrutura expositiva, os límites dos lugares, das arquitecturas, dos centros; todo con motivo da nova intervención de Pablo Orza dentro do proxecto “In-situ” que organizan desde a Fundación Granell en Compostela. Todo pensando nos modos de instalar,
...
19 / 6 / 2007

Memorias instaladas

Dispóñense uns dados sobre un campo saídos dun enorme cubilete, despois cuñas pechadas en caixas de parafina e madeira, unha relación de figas de ferro pintadas de branco e boias que descansan nun terreo sen auga. Son fragmentos dunha das traxectorias creativas máis innovadoras da arte galega actual; Carlos Rial representa a opción de resistencia desde unha obra pensada na escultura e, quizais o m
...
29 / 5 / 2007

Os dramas

Descoñecemos onde comeza o amor e remata o desexo, nin tan sequera onde se dispón a realidade mentres se fusiona coa ficción, nin o drama dun ser humano en perspectiva de caída. Ignacio Pardo vén protagonizando unha desas traxectorias enigmáticas dentro da creación galega, complicada para os axentes teóricos, pero fortemente suxestiva. Nestes días percorremos a mostra que lle realiza o CGAC, nesa
...
15 / 5 / 2007

Lugares de cor humana

Desde que descubrín unha pintura de Berta Cáccamo, creo que de finais dos noventa, sigo buscándolle un posible título; sigo intentando atopar en cada exposición a súa forza de luz e composición, e sempre o consigo, sempre identifico novas escalas para prolongar a busca. Marco sempre unha relación de posibilidades que se van pousando en cada unha das obras, estes días distribuídas na galería Trinta
...
17 / 4 / 2007

Marxes e desprazamentos

Temos claro que existen varios tipos de exposicións, e xa non pensamos en temáticas nin direccións argumentais; existe unha modalidade de mostra que pretende afectar, interrogar, crear certa incerteza ao espectador desde unha sucesión de propostas escalonadas e progresivas. Así funciona a colectiva "Entre fronteiras" que se presenta no MARCO, na súa planta baixa, e así o comprendemos desde o propi
...
28 / 3 / 2007

Comendo debuxo

Interpretamos o habitual desde un lugar crítico, pasou coa fotografía, coa novela, coa pintura e agora co debuxo. Percorrer as diversas mostras, máis que partes, do proxecto “O debuxo por diante” supón atoparse, primeiro, coa coincidencia comisarial dun equipo atípico que se xustifica no itinerario e, segundo, cunha tese expositiva que se centra no pulso do debuxo nos nosos días e que se reforza m
...
6 / 3 / 2007

Manifestos na pel

Dentro da última fotografía actual en España, e máis concretamente en Galicia, resulta incuestionable a figura e traxectoria de Félix Fernández. A mostra que presenta na galería C5 Colección en Compostela retrata a obra dun autor que se ofrece desde o fotográfico pero que condensa unha complexa variedade de disciplinas, desde a performance, a instalación e o vídeo, e sobre e propia capacidade de o
...
22 / 2 / 2007

A voz, contundente, dos argumentos

Mentres rematamos o último libro publicado por Camilo Franco en Xerais, “Palabras contadas”, mentres volvemos a repasar os seus pequenos pero intensos relatos de historias cotiás, mentres penduramos como chaveiros as súas mensaxes claras, acompañamos os seus pasos escritos na mostra que vén de instalar na Fundación Luis Seoane na Coruña. Asistimos a unha exposición que se fai mentres se percorre,
...
13 / 2 / 2007

Despois de miradas acedas

Unha obra readáptanos no tempo, nun pasado non tan afastado e nunha obra plenamente actual. Asistimos a unha pequena peza na exposición de Juan Galdeano, recoñecible por unha leituga amarrada á parede cunha cinta adhesiva industrial, permite retratar de inmediato a obra deste autor, identificar a súa poética aceda e permitir seguir desvelando a traxectoria dos autores relacionados coa incerteza e
...
12 / 1 / 2007

Capturas á espera

Achegámonos á obra de Rita Rodríguez na coincidencia temporal dunha mostra individual no Espazo Anexo do MARCO e na colectiva “AP9 - A3” na galería Sargadelos de Santiago. Tomamos esa circunstancia para recoñecer o traballo dunha autora moi nova, que traballa dun xeito activo nestes últimos anos, e que vén a representar a unha xeración de nomes que se incorporan ao mapa actual desde o ano 2000; me
...
13 / 12 / 2006

Tempo para o traballo

A presentación do último libro de María do Cebreiro, editado por Galaxia, e a noticia de que Alberto Ruíz de Samaniego será o próximo encargado de dirixir o pabillón español na vindeira Bienal de Venecia, son desas magníficas novas que alimentan o noso mundo cultural; nos dous casos, exemplos de vontades do investigador no seu traballo diario, constante, desde a escrita, a poesía e a arte, a estét
...
28 / 11 / 2006

Paisaxe da nosa nutrición

Resulta máis que sorprendente seguir co dedo índice a liña de horizonte do mar, mentres percorremos un litoral de area e bastante cemento, mentres evitamos rotondas na paisaxe do verde e do ladrillo, das leiras con beirarúas e das autoestradas con cunetas queimadas. Son moitas as achegas á paisaxe que podemos ir atopando na nosa historia da arte máis próxima, por iso cada vez que recoñecemos novas
...
16 / 11 / 2006

A pregunta e a cidade

Comezamos deixando as Casas Reais, camiño do Preguntoiro, mentres unha estrutura pseudo-arquitectónica a dúas cores sorprende diante da igrexa de San Bieito, na Praza de Cervantes. Estamos en Compostela e ao noso carón un grupo de peregrinos desaparecen baixando pola Acibechería cando unha rapaza entrega a dose diaria de información dixerida no Metro. Deixamos a cámara facer o traballo do visitant
...
18 / 10 / 2006

Percorridos e enlaces

De que fala a pintura na actualidade? Que posición debemos dispoñer como visitantes despois de anunciarnos numerosas mortes? Quizais a que nos propón a mostra que se ofrece estes meses no MARCO sexa a máis divertida: trazar unha liña de ligazóns e referencias sobre o pictórico na arte actual, atopándolle as súas fisuras e enlaces con outras áreas, situala nese mesmo plano de dúbida que debe de ter
...
3 / 10 / 2006

De lados e cantos

Sempre resulta inesperado abordar unha proposta de lectura do rural, e moito máis cando se ofrece enleada coa ollada persoal; resulta tamén estraño, sempre resultado dunha vontade pouco explorada e moi esquecida. A cultura contemporánea apenas mira ao contorno rural, o que se desvía das lecturas de primeira división; por iso atopamos na proposta de Eduardo Valiña, con moitas máis riquezas argument
...
19 / 9 / 2006

Cartos, benditas condenas

Despois de pensar que o verán parecía algo infinito, pechado entre paredes de casas e libros, dispuxen un novo sentido ao prezado material monetario, fragmentado nunha sucesión de euros e céntimos: alimentar e enriquecer un tempo libre. Mentres somos axentes de intercambios comerciais, polas nosas mans pasan centos de ideas cheas de valor, de efectividade, e nunca nos paramos a pensar neses cartos
...
27 / 7 / 2006

A memoria dos fragmentos

Existe un tipo de mostra que descorre silenciosa e discreta, sen a poeira do motor do verán. De novo visitamos a Fundación Granell para coñecer a proposta “Dons da intemperie. Poéticas obxectuais do elemental”, unha exposición colectiva que define xustamente o que describe o seu título: reflexionar sobre o exterior desde a ollada e desde o argumento do persoal e do mínimo.
...
13 / 6 / 2006

Do lugar, do tránsito

Desde a paisaxe de pasos lentos, dos lugares, dos tránsitos. As galerías ad hoc e Bacelos presentan estes días dúas olladas da paisaxe, coas obras de André Cepeda e Juan Ribas, respectivamente.
...
23 / 5 / 2006

Corpos na (nosa) natureza

Visitamos. Respiramos. Pateamos. Murmuramos. Escoitamos. Miramos. Son as mensaxes que traslada a mostra que Antón Lopo vén de presentar na Casa da Parra, nesa dimensión da poesía expandida, trasladada a un tempo concreto, pensada para gozala.
...
9 / 5 / 2006

Os intermedios

Arturo Fuentes e Azucena Vieites pertencen á xeración de novos artistas que, desde diversas xeografías e disciplinas, apostan pola creación na, non sempre comprendida, situación de pausa, de intermedio. Ata mediados de mes temos tempo para descubrir os últimos traballos que ofrecen a galería ad hoc de Vigo.
...
26 / 4 / 2006

Selección: puntos de tacto

Achegámonos a unha mostra colectiva chea de suxestións, nese proceso de “Arquivar tormentas” que o CGAC presenta estes meses, mentres deixamos levarnos pola mirada, cinematográfica e narrativa, de Miguel Anxo Fernández.
...
12 / 4 / 2006

A acción: corpo aparello

Unha das presenzas máis novas da performance actual en Galicia, Rita Rodríguez, presenta na galería DF de Santiago as súas últimas propostas de acción, restos de esculturas, fotografías e vídeos nas que o corpo serve de único segmento de relación e inter-experiencia creativa co público.
...
31 / 3 / 2006

30/30 Diego Santomé

Non resulta casual que Diego Santomé (Vigo, 1966) sexa o último dos búmerang, e tampouco que hoxe ao mediodía estabamos aínda realizando esta entrevista, grabadora en man, nun diálogo cómplice. Son os modos sociais, prácticos, deste axente que identifica a arte coa vida, coa experiencia, coas actitudes. Un autor que se define a si mesmo como produtor de servizos, antes incluso que artista, e que e
...
28 / 3 / 2006

Do corpo no día

Andrea Costas e Mauro Trastoy representan dous xeitos de retratar e autorretratar desde unha ollada próxima. Cada un dos seus últimos traballos coinciden estes días en Santiago en diferentes salas expositivas: Andrea na Fundación Torrente Ballester e Mauro na galería Espazo48. Pretextos para falar do corpo e da ollada desde o retrato, aínda que sexa disperso.
...
17 / 3 / 2006

29/30 Chiu Longina

A vontade interdisciplinar é unha das mellores pautas de seguimento do traballo de Chiu Longina. A súa actividade céntrase nos capítulos que deseñan os proxectos e as iniciativas en proceso. Sobresae a súa tarefa de dinamizador de proxectos como IFI, Sinsalaudio ou Alg-a, entre outros, referencias na súa idea experimental desde a rede e a creación sonora. Presente na mostra Urbanistas do MARCO, a
...
14 / 3 / 2006

Diane Arbus: a outra América

De que fala unha fotografía? Que lingua precisamos para ler, para percorrer unha fotografía? Existe algo máis inmediato que a propia imaxe, que o propio rexistro da realidade? A mostra de Diane Arbus no CaixaForum recrea as súas “Revelacións”, os xeitos de identificarse como fotógrafa nunha Norteamérica en cambio, pensar como fotógrafa e, máis importante, trasladar moitas mensaxes aos visitantes q
...
3 / 3 / 2006

28/30 Almudena Fernández

Almudena Fernández (Vigo, 1970) é unha das autoras máis interesantes actuais do panorama actual galego, cunha dirección de traballos que se posicionan nunha continua busca de saídas desde a pintura; unha lectura de abstracción e ornamentación, unha pintura-expandida. Dentro da súa extensa traxectoria destaca a presenza en colectivas, desde a emblemática “30 anos no 2000” até “Sky Shout”, ámbalas d
...
24 / 2 / 2006

Sobre nós, petando

Ata tres puntos dispoñemos sobre unha das mostras máis interesantes que se poden visitar estes días en Galicia: “Emporios Invisibles” na Fundación Granell. Puntos que demostran a novidade, nos centos de preguntas e interrogantes que ofrecen as pezas e instalacións. Puntos que demostran os cambios, sempre posibles, no que denominamos exposición.
...
21 / 2 / 2006

Nos procesos

Repártense os traballos de Roman Signer, que estes meses invaden as salas do CGAC, no capítulo das obras que desprenden enerxía, que actúan como motores, que fan da visita un experimento continuo. Temos até o 2 de abril para descubrir moitas das súas claves.
...
17 / 2 / 2006

27/30 Vicente Blanco

A obra de Vicente Blanco (Santiago de Compostela, 1974) preséntase como unha das de maior proxección fóra de Galicia; unha traxectoria que vén de recoñecerse ao estar seleccionado no proxecto de 16 artistas actuais comisariado por María de Corral con motivo do 25 aniversario de ARCO e que respalda a mostra realizada no 2004 no Espacio UNO do Reina Sofía. Participou na Bienal de Arte de Pontevedra,
...
8 / 2 / 2006

Urbanitas: acertos e posibilidades

Mentres preparamos a viaxe a Arco, que comeza hoxe, paseamos e interrogamos unha das mostras referentes do momento en Galicia: “Urbanistas: actitudes urbanas na arte galega actual”. A exposición, recentemente inaugurada no MARCO, posiblemente garde xa a etiqueta de iniciativa única, polo que ten de paradigmática na colectividade e na empresa cultural galega. Dispoñemos os seus acertos.
...
3 / 2 / 2006

26/30 Álvaro Negro

Sempre vin en Álvaro Negro (Lalín, 1973) unha das mellores escalas da arte galega actual; a súa traxectoria impecable e as numerosas citas veñen constatando esta realidade, partícipe do cambio nos procesos da pintura desde Galicia, cunha obra na que analiza, tamén desde un indisociable ámbito teórico, as diversas expansións da pintura na actualidade. Gozou dunha estadía no “Central Saint Martins S
...
20 / 1 / 2006

25/30 Pablo Orza

A obra de Pablo Orza (Zamora, 1971) pertence ao colectivo dos novos autores que tiveron unha formación académica fóra de Galicia, no seu caso na Facultade de Belas Artes de Salamanca. Na súa extensa traxectoria sobresae a selección en colectivas como a Mostra Unión Fenosa, o III Premio Auditorio de Galicia, o ArtXove de Pontedeume ou o Festival IFI e individuais no Centro Social de Vigo ou “Re-Gal
...
10 / 1 / 2006

Alimento público

Pasamos de novo a fronteira, inexistente e particular, que marca o Miño ao seu paso por Tui e Valenca, deixamos Vilanova e a peaxe. A verdade que ir a Porto calquera día, calquera tarde, xa non é unha escusa para ninguén que lle apeteza desconectar de algo cotián. As galerías da rúa Miguel Bombarda, a sala Maus Hábitos, o Centro Portugués da Fotografía ou o novo centro Custurgest, na Avenida do Al
...
5 / 1 / 2006

24/30 Victoria Diehl

O traballo de Victoria Diehl (A Coruña, 1978) representa unha imaxinativa relectura da fotografía. Vinculada ao Centro de Estudos Fotográficos (CEF), gozou dunha bolsa de Creación Fotográfica do Concello de Santiago, foi gañadora do primeiro premio no Certame do Concello de Cambre e do I Certame Monforte de Lemos, e foi incluída na VIII Mostra Unión Fenosa. Participou na colectiva “Detrás da pel”
...
28 / 12 / 2005

Día múltiple

Viaxamos a León para recoñecer os novos anacos de creación, cun selo inconfundible, do MUSAC. Atopamos de novo a Enrique Marty nunha vocación escenográfica, tentamos imaxinarnos o mundo de Pipilotti Rist, reiteramos as claves de Matthew Barney ou a etiqueta asiática na colección do museo. Antes de volver, atopamos as últimas imaxes de Manuel Vázquez na galería Cubo Azul. Unha viaxe para un día múl
...
23 / 12 / 2005

23/30 Berio Molina

Os traballos de Berio Molina (A Fonsagrada-Lugo, 1979) responden, nas súas últimas obras, cara á clasificación da arte multimedia. Representante dun grupo de nomes que experimentan e fan do proceso e da obra en evolución a súa máxima. Participou en numerosos proxectos como IFI, ademais de colaborar con iniciativas en rede como www.alg-a.com ou do colectivo Flexo. Realizou numerosos obradoiros e fo
...
13 / 12 / 2005

O orfo, o pincel

Despois de repasar o case-máxico teatro de Pamen Pereira, a galería Trinta permiet achegarnos á obra de Daniel G. Verbis, un dos nomes máis curiosos e activos da denominada nova pintura. Unha relación de pezas e instalacións que ofrecen unha ollada diverxente e moi rica do que habitualmente entendemos por cadro, lenzo, pintura ou pictórico.
...
9 / 12 / 2005

22/30 Salvador Cidrás

Salvador Cidrás (Vigo, 1968) pertence a unha xeración de nomes que abriron ou inauguraron unha nova década na arte galega, a mediados do anos noventa; mostras colectivas como “30 anos no 2000”, “Novos Camiñantes”, “Figuracións desde Galicia” ou “De Asorey ós 90” demostran esa caraterística función de elo. A súa traxectoria vén subliñada pola súas individuais no CGAC e no Espacio Uno do MNCA Reina
...
25 / 11 / 2005

21/30 Isaac Cordal

Recoñecemos a obra de Isaac Cordal (Pontevedra, 1974) sempre identificada coa tese do proxecto, cunha coherente liña evolutiva, que se describe desde a formación na Escola de Canteiros e na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, para trasladar a súa traxectoria nun percorrido desde a plástica e a ruptura de límites da arte multimedia. Sobresae a súa participación en proxectos experimentais no ámb
...
22 / 11 / 2005

A visita

Entramos na galería, quedaba pouco para a hipotética hora de peche, e nada ocorría. A mostra que Rubén Santiago presenta na galería compostelá DF só existe cando ocurre unha vontade de funcionamento, unha intención. Recollamos as claves deste autor e a súa presenza en varios proxectos; apuntade o seu nome.
...
11 / 11 / 2005

20/30 Irene González

Irene González (Avilés, 1978) pertence a un colectivo de artistas de orixe asturiano que se formaron academicamente en Galicia e que proseguen na actualidade a súa traxectoria profesional nas terras galegas. Unha sorte de emigración positiva para as dúas partes implicadas. A súa participación en diversos proxectos e certames permite e convén analizar o seu traballo emparentado cunha mesma xeración
...
8 / 11 / 2005

Os 15 alimentos

Un, dous, ata quince fendas nunha terra e nun tempo; diante do biombo Frida Kalho na Fundación Caixa Galicia en Santiago. A súa traxectoria resumida nunha serie de cadros, debuxos, instalacións e soportes audiovisuais, para que comprendamos os seus universos, a súa dilatada luz sombra na historia da arte.
...
28 / 10 / 2005

19/30 Patricia Dopico

Os traballos de Patricia Dopico (Fene, 1977) remiten a unha obra en proceso, unha poética do tránsito. A súa traxectoria vén representada pola selección e premios en certames como o Novos Valores 2002, o Auditorio de Galicia, o Premio de Artes Plásticas da Deputación de Ourense ou a Bienal de Vilanova da Cerveira, mentres sobresae a súa presenza en mostras individuais no Centro Cultural Torrente B
...
25 / 10 / 2005

Cando o tempo era

Gardamos na neveira novos ingredientes para futuros repasos: Frida Kahlo na Fundación Caixa Galicia, que inaugura o próximo venres, a mostra de “Tempos de vídeo” no Caixa Forum ou a de Günter Brus no MACBA. Remato entre alimentos de paisaxe, pousándome nas últimas obras de Pamen Pereira na galería Trinta, para percorrer a súa poética recoñecida e os pequenos mitos dun tempo que era.
...
14 / 10 / 2005

18/30 Pablo Pérez Sanmartín

Pertence Pablo Pérez Sanmartín (Pontevedra, 1980) á última liña de autores galegos. A súa obra trázase desde o debuxo e na metódica dispersión de disciplinas e contaminacións doutras áreas creativas. Sobresae na súa traxectoria a seleccións en colectivas fóra de Galicia como “Mid_E. Arteleku”, “Generación 2005. Caja Madrid”, “No somos Nadie” (Centre Civic Sant Andreu. Barcelona), “Getxoarte 2004”,
...
30 / 9 / 2005

17/30 Iván Prieto

Coincide a obra de Iván Prieto (O Barco de Valdeorras, 1978) estes días en dúas iniciativas diversas, o certame Na Vangarda, no que lle foi outorgado o terceiro premio, e a convocatoria de bolsas da Consellería de Cultura reunidos en San Martiño Pinario. A obra deste autor, sempre nunha coherente dixestión dos valores de ficción e realidade, en escenografías e campos de drama, comicidade e ironía,
...
27 / 9 / 2005

8 notas para unha caída

Carmen volve, sete anos despois, a visitar as salas da galería SCQ, pero agora para inaugurar un novo enderezo, unhas novas salas. Acostumados á súa fusta de memoria e lectura vánitas, percorremos as súas obras co dicionario aprendido.
...
16 / 9 / 2005

16/30 Amaya González

Amaya González (Sanxenxo, 1979) formou parte do equipo colectivo da mostra “Eu, Museo” do Espazo Anexo do MARCO, foi seleccionada en certames de promoción e sobresae o accésit recibido no III Premio del Auditorio de Galicia coa obra “Binomio”. Pertencente ó grupo de últimas escalas na arte actual galega, a súa obra presenta unha coidada idea de proceso e experimento lúdico no que corpo e acción in
...
13 / 9 / 2005

Trazos e un murmurio

Presenta a galería C5 de Santiago unha mostra coa que insiste na presentación e aposta polas novas promocións de autores galegos, neste caso centrado nas obras de Carlos Maciá e Félix Fernández, pintura e acción concentrados nun escenario.
...
2 / 9 / 2005

15/30 Rubén Santiago

Rubén Santiago (Sarria, 1974) representa unha das vontades creativas menos analizadas da nómina de autores galegos: a traxectoria/s fóra das referencias galegas, no seu caso mantendo unha actividade entre Barcelona e Porto, nun itinerario que condensa á perfección o emprego de diversos medios e a presentación en destacados e diversos proxectos, nunha traxectoria que comezou a mediados dos noventa.
...
12 / 8 / 2005

14/30 Arturo Fuentes

Pertence Arturo Fuentes (Ourense, 1975) ó grupo de autores que pretenden desconcertar. Representante activo dunha xeración de autores galegos que desvirtúan pautas e medios, sempre cunha clara tendencia de proxecto. A súa obra estivo presente en colectivas significativas como “Novos Camiñantes”, “Galicia Escultura” ou na recente “Seducidos polo accidente”, ademais de estar vinculado coa galería Ad
...
5 / 8 / 2005

13/30 Jorge Perianes

Toda a obra de Jorge Perianes (Ourense, 1974) recrea un mundo de narracións; formulada desde pequenas escalas plásticas, mínimas, surreais e de realidades ocultas, preséntase como un dos autores máis imaxinativos desta nova xeración de artistas galegos. Vén de presentar os seus últimos traballos na galería Ad-hoc de Vigo, coa que colabora e asistiu a numerosas feiras de arte (Arco ou Artísima de M
...
26 / 7 / 2005

Toallas e alfombras

Repasamos de novo dúas das mostras que citamos días atrás; a captura de pintura e luz na exposición de Din Matamoro no CGAC e o particular “Souvenir” de Fran Herbello no Espazo Anexo do MARCO. Dous pretextos para visitar e interrogar o presente de dúas institucións, sempre recoñecibles nos nosos paseos.
...
22 / 7 / 2005

12/30 Maribel Castro

Representa a obra de Maribel Castro (A Coruña, 1981) un perfecto exemplo das últimas achegas á creación galega actual. As súas obras, centradas na mediación da fotografía, insisten desde o acontecemento e a narración de historias de tensións cotiás. Presente en colectivas como “Vuelve a casa por Navidad”, e nos máis destacados certames de promoción de artistas como nas últimas edicións do “Novos V
...
19 / 7 / 2005

O fío e o pescador

Visitamos a mostra “Colección Caixa Galicia. Últimas incorporación” na nova sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol, para percorrer parte da creación do século XX en emblemas significativos, movementos e tendencias que alternan desde Picasso hasta Cidrás pasando por Susana Solano ou Vari Caramés.
...
8 / 7 / 2005

11/30 Fran Herbello

Un dos exemplos más orixinais da fotografía actual está presente na obra de Fran Herbello (Menziken, Suíza, 1977). Asistimos ós seus traballos coa mentalidade do cirurxián, dun autor que expande o valor fotográfico para conectar coa poética atrapada en diversas series de traballo como “A imaxe e semellanza” ou a recente “Mal de corpo”. Presente en varias colectivas e certames de novos autores -“Im
...
28 / 6 / 2005

Digo eu, digo meu

Presenta Carlos Rial unha impecable evolución da plástica nos novos autores, nunha traxectoria de máis de dez anos que prosegue desde e contra o elemento figurativo, centrándose na actualidade na conquista dun espazo de ausencia. Coinciden nestes días dúas mostras na galería VGO de Vigo e no Museo Barjola de Xixón, mentres unha das súas mellores pezas se presenta nas últimas adquisicións do CGAC;
...
24 / 6 / 2005

10/30 Santi Jiménez

O traballo de Santi Jiménez representa perfectamente o cambio de facianas da nova xeración de artistas galegos saídos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Presente en colectivas como o Premio Auditorio de Galicia ou “Libro de artista” na Fundación Granell, colabora habitualmente coa galería Espazo 48 de Santiago, na que estivo seleccionado en varias colectivas e na que presenta estes días os
...
14 / 6 / 2005

Dous: número plural

Hai máis dun mes que falabamos, con motivo dunha mostra no MUSAC de León, da importancia do debuxo nos soportes e nas linguaxes da arte actual. Hoxe visitamos unha exposición na galería Espazo 48, que reúne as obras dun dos nomes que xa citabamos naquela ocasión, Santi Jiménez, que neste momento dialoga ou se emparella coas esculturas de Iván Prieto. Catro paredes e unha entrada nas que se atopan
...
12 / 6 / 2005

Deseño ensaio

Capturamos de novo a estela que a pasada entrega lle poñiamos ao mundo do deseño, para entrarmos na arte que Marcel Breuer lle deixou á historia da arquitectura do século XX. A Fundación Barrié presenta unha completa selección dos seus traballos, que o converteron en referente da modernidade e fonte de ensaio na actualidade.
...
10 / 6 / 2005

9/30 Jano

Jano (A Coruña, 1979) é un autor perfeccionista, un dos máis destacados nomes da banda deseñada galega actual. Recibiu numerosos premios polo seu labor, entre os que destacan o do INJUVE e o Premio Ourense ao mellor autor non profesional. Incansable explorador da linguaxe e posibilidades artísticas da BD, experimenta coa ligazón con outras disciplinas artísticas e con técnicas fóra dos recursos ha
...
5 / 6 / 2005

Os xestos do deseño

Atrapamos unha dúbida. Analizar o feito dun obxecto deseñado resulta ser o motivo principal para achegarnos ó mundo do deseño, escalonado en tres mostras que amosan e insisten en facer desta disciplina un elemento cultural, activo e fundamental. Tres paradas que exhiben o mellor, tamén, do feito expositivo.
...
31 / 5 / 2005

As tanxentes

Asistimos ás dúas propostas que Jorge Perianes e Nano4814 nos agasallan na galería Ad hoc de Vigo. Este mostra representa unha das poucas intencións de achegarse, dun xeito coherente e arriscado, á paisaxe máis nova desde a entidade privada.
...
27 / 5 / 2005

8/30 Rubén Ramos Balsa

Rubén Ramos Balsa (Santiago de Compostela, 1978) sobresae como un dos mellores referentes na listaxe de novos artistas que actualmente traballan desde Galicia, nunha situación que opta por non centrarse nunha dirección galega senón que se expande na busca de novos espazos onde promoverse. Na súa traxectoria existen citas individuais en galerías como Fúcares (Almagro), na Casa dos Coimbras (Braga),
...
24 / 5 / 2005

A caixa e a porta

Pasamos a fronteira cada vez menos excepcional do río Miño. Porto é sempre un motivo de parada e de destino, polo menos para calquera observador da creación actual. Deixamos a “Diáspora” do MARCO para poñerlle máis preguntas á nova Casa da Música, obra do prestixioso Rem Koolhaas e para devolverlle a visita a Serralves, que estes días realiza unha invitación suxestiva, entrar no teatro dun dos mel
...
18 / 5 / 2005

Mentres pasa

As fotografías de Vilariño convérteno nun dos nosos mellores artistas plásticos, xa referente dunha xeración sen nome. Ata finais de xuño podemos visitar na galería Trinta de Santiago as súas entregas, achegarnos ós seus grandes temas de bodegóns mínimos para capturar unha nova lectura da paisaxe, inusual na súa traxectoria. Percorremos e remuniamos nas súas intrigas.
...
13 / 5 / 2005

7/30 Félix Fernández

O corpo é a principal fonte de recursos, documentais e poéticos, de Félix Fernández (Celeiro-Viveiro, Lugo, 1977), unha das realidades máis activas da nova arte galega. A súa presenza céntrase, de xeito deliberado, entre dúas xeografías: a galega e, outra, a nun nivel peninsular, xa que na actualidade vive e traballa en Madrid. Forman parte da súa traxectoria citas individuais como a realizada no
...
10 / 5 / 2005

Pintura que non mancha

Dous artistas que ilustran un mesmo momento: a pintura xogando co soporte mentres chupan das máis variadas fontes. Arturo Herrera, no CGAC e Ana Cristina Leite, na galería Ad Hoc de Vigo, rexistran novas ou aparentes novidades de reler o soporte pictórico.
...
7 / 5 / 2005

Mantos de cor

Chegan de visita nomes e máis nomes de autores foráneos, que visitan paredes e chans de galerías e salas institucionais, mostras que forman parte das políticas de intercambio das galerías ou da propia expansión das súas traxectorias, dándolle pulos comparativos. O exemplo está, estes días, na mostra que Bacelos fai da obra dos últimos anos de Joan Foncuberta (que inaugura este xoves) e a que Maris
...
3 / 5 / 2005

Sobre arquitectura

Temos unha nova mensaxe na selección de esixencias dos produtos expositivos en Galicia: a apertura cara a novas disciplinas. Unha delas é a que representa a arquitectura, pero tamén podería ser a moda, o deseño, o urbanismo ou o teatro. A Fundación Barrié presenta un exemplo impecable de como achegarnos ó ámbito arquitectónico coa mostra “Arquitecturas ausentes no século XX”.
...
29 / 4 / 2005

6/30 Suso Fandiño

Suso Fandiño (Santiago de Compostela, 1971) persiste na paisaxe da arte actual galega desde unha posición de plena experimentación, partícipe como activador dunha vertente de obras que reflexionan sobre a historia desde unha intención apropiacionista, pero sobre todo irónica e lúdica. Estivo presente nos últimos anos en certames de novos artistas, en colectivas de tese (Indisciplinados, Bienal de
...
26 / 4 / 2005

Escultura a diario

Ourense dá estes días para unha visita máis que atenta, e repousada. Deixabamos hai varios días as pinturas de Ángel Cerviño conversando con Celan ou con Elvis na sala da Deputación, para logo repasar as últimas abstraccións de Luis Fega na galería Marisa Marimón, seguir sorteando as pezas públicas que se afincan nas rúas do ensanche para, por último, ter a necesidade de poñerlle un novo inquilino
...
15 / 4 / 2005

5/30 Antón Cabaleiro

O ámbito do corpo e a mediación na atmosfera comunicativa son algunhas das liñas de actuación da obra de Antón Cabaleiro (Santiago, 1977), unha das últimas incorporacións da nova xeración de artistas galegos. A súa presenza céntrase nun ámbito nacional, xa que traballa e vive en Madrid, pero sempre achegándose a Galicia participando en certames ou proxectos en intermitencias máis que destacables;
...
12 / 4 / 2005

Sen pausa

Temos ata o 7 de xuño para ver a última entrega da colección Caixa Galicia, para achegarnos ó traballo máis que atractivo de Laxeiro na sede desta Fundación en Vigo. Un percorrido pola súa traxectoria en obras perfectamente escollidas e ilustrativas da súa poética e dos seus cambios e evolucións.
...
5 / 4 / 2005

Chámolle espello

Mentres dixerimos a visita ó MUSAC, con motivo da súa inauguración a pasada fin de semana, recollemos a obra de tres artistas que coinciden estes días en diversas salas, Tono Carbajo, Curro Ulzurrún e Ángel Cerviño, presentando sutís ou imaxinativas coincidencias dentro dunha traxectoria impecable.
...
1 / 4 / 2005

4/30 Mónica Alonso

O traballo de Mónica Alonso (A Fonsagrada, 1970) descríbese como unha das presenzas incuestionables da nova xeración de artistas. Pertence ó grupo de autores que ordenan o seu contorno, o seu lugar de vida nun continuo diálogo coa arquitectura e co contorno. A súa traxectoria vén perfilada pola presenza en numerosos certames, ademais de mostras en galerías (May Moré, SCQ e VGO), en colectivas (Nov
...
29 / 3 / 2005

Así sucede

Vén de presentar o CGAC novos produtos expositivos que aportan claves enriquecedoras para comprender a paisaxe da videocreación na actualidade. Unha serie de mostras e proxectos que axudan a entrar no territorio do vídeo, como soporte e medio, como temática e análise estético.
...
22 / 3 / 2005

Terra in-corporada

O MARCO de Vigo volve sorprendernos cunha mostra individual no Espazo Anexo, presentando a obra de Carlos Rodríguez-Méndez. Un autor galego, nacido nas Neves, que traballa en Madrid e que era pouco ou nada coñecido na terra galega. O grupo de pezas presentadas —esculturas, vídeos e fotografías— darán que falar, nunha das mostras, xa seguro, da tempada.
...
18 / 3 / 2005

3/30 Antía Moure

Os traballos de Antía Moure (Monforte de Lemos, 1981) reafírmana como unha das máis prometedoras autoras do presente creativo galego. A recente mostra na galería Sargadelos de Monforte, insistindo nunha ollada transversal e directa, prosegue na liña das obras seleccionadas no II Premio Auditorio de Galicia, no I Certame de Videocreación Dixital Caixa Galicia e na última edición do Novos Valores, d
...
8 / 3 / 2005

Daquela pel

Fran Herbello pertence ós tempos da fotografía de corpo. Cada unha das súas entregas expositivas supoñen novas oportunidades para tantear e redescubrir a súa impecable traxectoria. Na mostra que ata o 6 de abril poderemos ver na Fundación Torrente Ballester, en Santiago, presenta a súa nova serie de traballos “Mal de corpo”, un novo xesto na súa disección da fotografía.
...
4 / 3 / 2005

2/30 Carlos Maciá

O traballo de Carlos Maciá (Lugo, 1977) reafírmase na xeración de autores que apostan pola pintura desde unha visión crítica e experimental. Recordamos a súa mostra individual na galería Clérigos de Lugo o ano pasado e sobresae na actualidade polo primeiro premio no certame de novos autores "Na vangarda" e pola participación no recoñecido proxecto "Generación 2005" de Caja Madrid, que podemos ver
...
1 / 3 / 2005

O museo vivido

Poñémoslle novos acentos ó museo, ó MARCO, novas pernas e brazos instalados dentro e fóra das súas paredes. Se a mostra “Eu, museo” insistía na ollada crítica sobre a institución, a mostra “20 desarranxos” aposta pola perspectiva cambiante e transversal do feito expositivo, un non-lugar no que se inclúen as actividades do tempo inmediato, da arte en tempo real derivado das performances. Todo mentr
...
22 / 2 / 2005

O nómade

De catro correos electrónicos ata a traxectoria dun dos mestres do comisariado: Harald Szeeman, que vén de falecer na súa Suíza natal. Pasamos pola súa traxectoria e percorremos miles de quilómetros na busca dun pretexto de parada, como maletas dun nómade inexperto.
...
18 / 2 / 2005

1/30 Carme Nogueira

A obra de Carme Nogueira (Vigo, 1970) persiste como unha das autoras mellor valoradas entre a nova xeración de creadores galegos. Participante en exposicións tan representativas como “30 anos no 2000”, a VIII Fotobienal ou a XXVI Bienal de Arte de Pontevedra, o seu presente concrétase na inesquecible mostra da galería Ad hoc de Vigo, na colectiva “Adosados” que ata marzo poderemos ver na Fundación
...
11 / 11 / 2004

Con todo, un título

Sempre que non consigo poñerlle título a un artigo, imaxino todos os comezos das obras (teatro, novela, danza ou cómic), nese momento no que aínda non se pensa no título e, moito menos, nos posibles subtítulos. Por iso, sempre propoño un xogo para visitantes: observar unha fotografía e intentar poñerlle un título, logo mirar e descubrir o título que lle puxo o autor; que coincida ou non, tanto ten
...
11 / 11 / 2004

Coa faciana pegada á terra

Coinciden nestes meses no MARCO dúas mostras colectivas certamente novidosas pola súa concepción e deseño; unha dedicada á última realidade fotográfica en Austria e outra na que se realiza un achegamento á arte xaponesa da segunda metade do século XX. “A patria está ao virar da esquina” e “Chikaku” serán os vértices de comezo de cada un dos itinerarios que se entrecruzan continuamente en fíos cómp
...
11 / 11 / 2004

Mundo debuxo

Achegámonos ó ámbito da crítica de arte como fonte de referencias cruzadas; ollamos parte e partes das mostras que estes días podemos visitar para deternos na disciplina do debuxo como un dos mecanismos e linguaxes máis activas da creación actual.
...
11 / 11 / 2004

Faro ó volante

Toca unha semana faro. Unha desas semanas preñadas de inauguracións e presentacións varias, ese tipo de días nos que miras en varias direccións ó mesmo tempo, uns días nos que ou tes un par de dobres ou non podes estar en todas ó mesmo tempo. Calquera lector preguntará: ¿pero que necesidade hai de ir a todas ou de estar en todas? A resposta queda para outro día; nin que dicir ten que non é cuestió
...
11 / 11 / 2004

ARCO entrerúas

Como xa indiquei nalgunha ocasión, ARCO é máis que unha feira de arte contemporánea, é unha empresa de actuación a nivel urbano, que afecta e involucra a toda unha cidade como Madrid: programas como “Madrid Abierto”, a relación de mostras, ciclos e certames que se realizan polas diversas salas, centros e museos sobre a dirección mexicana que protagoniza esta edición, festas VIP’s e, como non, toda
...
11 / 11 / 2004

Releo Arco

Camiño de Arco coas mans nos xornais, nos suplementos; a voltas cos foros e blogs que nestes días se petan de opinión sobre porqué Arco segue a ser un referente, segue a ter cada vez máis visites, e máis críticas e máis, e máis, solicitudes de acceso. Moitos de nós iremos a próxima fin de semana á feira máis importante de arte contemporánea en España; hoxe toca ollala desde a distancia, desde a po
...
11 / 11 / 2004

Espazo mutable

Queda unha semana xusta para Arco. Queda esta nova entrega semanal nun achegamento ós proxectos sen-espazo: na presentación de Alg-a e nunha nova ollada á iniciativa Feedback. Tamén microcitas de ducias de mostras que, de paso ou de reviravolta, podemos pasar, pisar e visitar; desde o CGAC, o MARCO, a Fundación Caixa Galicia ou as galerías VGO e Ad hoc, entre outras.
...
11 / 11 / 2004

As preposicións

Repetimos unha e outra vez: a pintura non está morta. A mostra “Sky Shout” demostra a verdade desta sentencia. Visitamos as salas do Auditorio de Galicia da man, dos pinceis e das contaminacións de moitos dos artistas seleccionados. Temos ata mediados de marzo para descubrir cantas mortes, suicidios e preavisos tivo a citada pintura. Bendita señora.
...
11 / 11 / 2004

Pintura sándwich

Visitamos a realidade a través da pantalla dun ordenador e rematamos poñendo os pés en mostras e remostras. Poñemos puntos de escala dun itinerario pola pintura no presente, polas obras e autores dunha serie de exposicións que nestes días se inauguran no territorio galego e que, dun ou doutro xeito, falan diso: de vivir e comer a pintura. Cada un ó seu xeito.
...
11 / 11 / 2004

Obras na maleta

Comezamos o ano cunha clara ollada retrospectiva á obra de Xosé Freixanes, que presenta os seus traballos na galería Trinta ata mediados de mes, pero desvirtuamos o relato, no final do conto, para rematar cunha aposta inusual, nestas entregas mensaxeiras, polo investimento en arte, na poesía ou na particular historia que garda calquera obra de arte. Curioso ou non; pero é tempo de compromiso.
...
11 / 11 / 2004

Os 11 parágrafos

Rematamos o ano cunha ollada no sempre instalado retrovisor. Doce meses recollidos en once parágrafos, xa que nunca queremos rematar o último dos nosos capítulos. Veremos os máis destacables produtos de galerías, museos, centros e fundacións, pero tamén os nomes, moitos nomes, que durante este ano mostraron xeitos, algúns imaxinativos e arriscados, outros non tanto, de habitar a arte contemporánea
...
11 / 11 / 2004

Museo, con M de motor

Aproveitamos a mostra “Eu, Museo” que nestes días se presenta no Anexo do MARCO, reflexionando sobre o feito museo, para visitar a nova empresa cultural que vén de inaugurarse en León, o MUSAC, realizado polo equipo Tuñón e Mansilla, que curiosamente visitaron o Consello da Cultura Galega a pasada semana con motivo das xornadas “A arquitectura desde Madrid”.
...
11 / 11 / 2004

Participa do noso

Capturamos hoxe non un mensaxeiro agochado nunha mostra, senón ó actor falando da súa propia sombra teórica. Falamos de Diego Santomé, que participa no proxecto de charlas de novos artistas do colectivo Ícaros, e que se desenvolve esta semana no edificio Simeón da USC. Repasamos as súas pegadas creativas, sempre suxestivas, mentres paseamos pola mostra “As volvoretas queren voar” na galería Sargad
...
11 / 11 / 2004

Pausas do meu espazo

Pasarse pola exposición que Carme Nogueira presenta na galería Ad hoc de Vigo é sorprenderse cun exercicio de intelixencia e impecable lectura expositiva-teórica. Un novo xesto espacial dunha das artistas máis interesantes do panorama galego actual.
...
11 / 11 / 2004

¿Cal é o teu corpo?

Comezamos con Sandro Chia e a súa exultante expresión de cores e mitoloxías no Centro Cultural da Deputación para examinar a mostra que sobre o corpo se presenta no Auditorio de Galicia, nun atractivo retrato polos xéneros da representación nun “travelling” que rodea as moitas ideas que sobre o corpo hoxe atopamos na arte peninsular.
...
11 / 11 / 2004

A estrañeza da mirada

Atopamos a Román Padín recreando unha viaxe literaria na distante II República. O resultado é “Valle Inclán apócrifo”, un retrato do escritor durante a súa estadía en Roma como director da Academia, convertido agora en exposición instalada na Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal.
...
11 / 11 / 2004

O enchufe e o interruptor

Son moitos os xeitos de artellar unha colección e moitos, tamén, os xeitos de facela presente, de apoiala nun contexto e espazo determinados. Vigo nestes días presenta tres dixestións, diversas, de como reler ou tratar unha colección, desde o Centro Social Caixanova, ata a Fundación Caixa Galicia, pasando polo MARCO.
...
11 / 11 / 2004

O paxaro quería ser heroe

De paseo polo Outono Fotográfico, que neste mes se celebra na cidade de Ourense, perfilando algunha das súas citas expositivas para rematar achegándonos ó mundo menos fotográfico do certame “Alterarte” no campus universitario. Paxaros detrás das fotografías.
...
11 / 11 / 2004

O candil de Caravaggio

Achégome á lectura, máis ou menos predeterminada, desta fin de semana e implico ós meus pés nunha débeda xa retrasada desde hai un par de semanas. Pasei, nun escaso cuarto de hora, dos parágrafos de Xosé A. Neira Cruz no novo xornal Artnotes, que vén de presentarse en sociedade, ao espazo lateral de San Matiño Pinario, o mesmo que garda a mostra “A viaxe a Compostela de Cosme III de Medicis”, nunh
...
11 / 11 / 2004

No autoespello

Baixo o fármaco histórico da mostra “O retrato español. Do Greco a Picasso” recollemos miles de fíos no presente. O lado máis autobiográfico pousámolo nas obras, vídeos, fotografías e performances de Félix Fernández, recentemente galardoado co primeiro premio no III Certame de Artes Plásticas de Ourense.
...
11 / 11 / 2004

Verde vogal, poema óleo

A mostra “As palabras da pintura”, que vén de inaugurarse no CGAC, permite achegarnos ó ámbito da creación flanqueada polas imaxes da pintura e da literatura, as mesmas partes que integran o fenómeno dos libros de artista. Un repaso polo século XX acompañado polos seus mellores expoñentes e pola ollada do próximo.
...
11 / 11 / 2004

Os tenis e o dedo

Un correo electrónico serve para marcar un novo xeito de agrupar a creatividade. Espazos e realidades que os distancian moitos quilómetros, pero que posúen estranos lazos de reciprocidade unha vez que pousamos unha falanxe ou un paso no seu presente. Unha galería de imaxes. Exposicións e obras no territorio galego, que son máis ou menos diverxentes ou parellas coas doutros lugares, todo depende da
...
11 / 11 / 2004

Po durmido, corazón de po

A medio camiño entre lonxe e preto, a unha hora escasa de Porto, entramos na liña central do país luso, entramos no verde e pousamos o coche nas ladeiras do río Cavado. Comezo e motivo da viaxe: os Encontros da Imagem 04 de Braga. Resultado: unha conversa con Rubén Ramos Balsa, as imaxes de dúas novas artistas galegas e o paseo baixo a lámina de aceiro, a nova canteira deportiva que proxectou Sout
...
11 / 11 / 2004

O alcume e o bus

A VIII Mostra Unión Fenosa remata a súa andaina bianual, nunha nova localización nas salas remodeladas do MACUF. O pretexto serve para revisar o propio feito expositivo e tomarlle o pulso ó visitante.
...
11 / 11 / 2004

Cuestión de pasos

Seguimos a sorprendernos, sempre existe un relato. Percorrer as mostras colectivas de Novos Valores en Pontevedra e Artes Plásticas en Ourense supón atoparse un novo ano co novo pretexto da creación actual en Galicia. Será cuestión de pasos, historias persoais e freadas longas; cada visitante interpreta o seu presente, mentres, os novos artistas levan vantaxe.
...
11 / 11 / 2004

A lección ausente

A mostra “Arquitecturas ausentes do século XX”, que até novembro podemos visitar na Sala de Novos Ministerios de Madrid, realiza un atractivo exercicio de ollada ó pasado, unha volta ó esquecido e ó valor da historia como un laboratorio de continua experimentación.
...
11 / 11 / 2004

Palabras menores

A disciplina do debuxo contén a confusa etiqueta de arte menor; a mostra “O trazo dos mestres”, que ata setembro podemos ver na Fundación Caixa Galicia da Coruña, demostra a súa maxistral modernidade, a súa valoración no proceso creativo.
...
11 / 11 / 2004

Fotografía lama

Pertence Cristina García Rodero ó grupo de artistas que fan do relato un acontecemento excepcional. Cada ingrediente, cada grao de imaxe representa unha condensación de sentimentos. Unha novelista que non perde o fío do relato pero insiste en ser poetisa; así se presenta na exposición que ata setembro poderemos ver no Museo das Peregrinacións de Santiago.
...
11 / 11 / 2004

O museo alfinete

Localizar a última xeración de artistas portugueses nun grupo de tres mostras que coinciden no MAC Serralves, mentres agardamos a mostra de Tony Cragg ou “Behind the Facts - Interfunktionen 1968-75”. Un novo pretexto para percorrer o xardín do museo e asistir a un ciclo de jazz.
...
11 / 11 / 2004

Na curación das imaxes

A fotografía colleu moi cedo a capacidade de travestirse e enfrontarse á propia historia da arte. Roberto Ribao, na súa mostra no Rincón Coruña Arte, demostra o poder da imaxe, do símbolo e da continua necesidade de reler a historia na súa espera reciclada.
...
11 / 11 / 2004

Arañeiras de tinta e pincel

A metáfora da arañeira, do crecemento lóxico, parece unha das mellores cartas de presentación da colección do CGAC. A mostra, que poderemos ver todo o verán, realiza un percorrido por cen obras significativas dos seus fondos; unha oportunidade de achegarse á súa historia e ao particular relato do noso encontro, como visitantes, co centro.
...
11 / 11 / 2004

O lugar das suxestións

Do mesmo xeito e coa mesma ilusión que asistimos á feira de Arco, paseamos a pasada fin de semana pola feira de Art Basel, na súa 35 edición. Un pretexto para achegarse ás novas propostas da arte actual, coñecer novos nomes e deixarse levar pola obra de grandes artistas e, sobre todo, pola maquinaria da que está considerada a mellor feira de arte do mundo.
...
11 / 11 / 2004

Escadas na fotografía

O certame de fotografía Purificación García 2004 sobresae, pese á súa xuventude, como un dos máis interesantes do panorama peninsular; até finais de xullo podemos ver a súa última edición na Fundación Luis Seoane da Coruña.
...
11 / 11 / 2004

Corporeizar o desexo

Dous polos dunha lectura diferente pero tanxencial. As vangardas españolas de comezos de século e a lectura do corpo desde as novas tecnoloxías; o Kiosko Alfonso e o Centro On de Caixa Galicia ofertan as lecturas da creación no lugar do corpo e no lugar da arte.
...
11 / 11 / 2004

As infancias da fotografía

Remontarnos aos xa afastados anos 60, 70 e 80 para percorrer os moitos e variados ámbitos da fotografía mentres loitaba por un lugar, experimental ou documental, na arte contemporánea. Un lugar crítico, identificativo, presente. A mostra “The last picture show”, que vén de inaugurarse no MARCO de Vigo, retrata esa época, nunha das exposicións máis importantes da tempada a nivel nacional.
...
11 / 11 / 2004

Mitos cotiáns

Exemplos do retrato do outro, da sociedade desde e ante un conflito bélico; exemplos ilustrados da veracidade informativa, de poñer as palabras nunha situación de crítica. Serán os logros dunha serie de mostras que, nestes días coinciden en Barcelona; exemplos que todos podemos aplicar ao noso latexo cotiá.
...
11 / 11 / 2004

Cor ironía

A galería Ad Hoc cambia de enderezo, de lugar de encontro, trasladándose á rúa Loriga. Ata o 31 de xullo veremos a súa mostra inaugural “Laughing Allowed”. Mensaxe: permitido rir. Ironías e olladas desde o paralelo.
...
11 / 11 / 2004

Espellos de luz

Seguimos os pasos da pintura desde os ollos cambiantes dun artista xa coñecido; Manuel Vázquez ensina na mostra na galería Sargadelos de Santiago como ser pintor desde a fotografía e o soporte audiovisual.
...
11 / 11 / 2004

Atmosfera de pintura

Poñerlle bicos atmosféricos, de pigmentos de luz, a unha pintura de cores en novos formatos visuais; pautas de seguimento da última obra de Álvaro negro que, ata o verán, se recolle na Fundación Laxeiro de Vigo, mentres agardamos o debate de Latitudes II onde será un dos contrincantes.
...
11 / 11 / 2004

As boas formas

O ciclo Malas Artes pechou o seu alento de experimentación que durante todo o ano pasado ofreceu na Sala dos Peiraos. Agora, co pretexto da presentación do seu catálogo, trazamos unha ollada panorámica nun dos certames máis interesantes e recomendables do panorama expositivo galego.
...
11 / 11 / 2004

Cor corazón

A mostra de Almudena Fernández na galería VGO é un perfecto exemplo de produción expositiva. Acostumados ás súas obras sorprende agora cunha expansión de pinturas que percorren e se expanden polos muros das salas.
...
11 / 11 / 2004

Case

Atopar un pretexto, moitas veces, resulta moi complicado. Resulta complicado poñerlle faciana. O porqué dunha mostra ás veces reside na seguinte ou na que vemos semanas despois. Chillida e Ángel Garraza están emparentados por unha mesma terra, e por unha lectura de contrastes xeracionais.
...
11 / 11 / 2004

Xeitos, logros, da mirada

Xeitos de calcular a paisaxe. Miquel Navarro, Vari Caramés, Miguel Mosquera e Enrique Velasco ofrecen catro puntos de vista da natureza urbana, marítima, sempre achegada. Tres exposicións que nestes días se comparten con moitas outras, máis ou menos interesantes, na xeografía viguesa.
...
11 / 11 / 2004

O alento das bágoas

A mostra que Efrain Almeida presenta na galería Marisa Marimón pretende ser unha ilusión de alento brasileiro, de alento popular-actual nunha xeografía continental como a ourensá, tan proclive a contrastes; temos ata o 8 de maio para coñecer as súas “bágoas” de madeira, acuarela e taracea.
...
11 / 11 / 2004

Sempre un heroe

Leiro sempre sorprende. Nestas datas quizais nun grado superior pola coincidencia de tres exposicións en diferentes espacios da xeografía peninsular. Mentres vén de inaugurar unha mostra na Fundación Granell, prepara dúas novas para a próxima semana, unha máis próxima na galería SCQ e outra, máis complexa, no Palacio de Cristal de Madrid. Unha nova oportunidade para atopar un Leiro incitador.
...
11 / 11 / 2004

No nome do mar

Hoxe trátase de falar do mar; esta semana inaugúrase na Fundación Caixa Galicia da Coruña unha interesante mostra do fotógrafo Jean Gaumy, que reside baixo o epígrafe suxestivo “Plein mer”; temos ata o 7 de maio para vela, logo na sede de Vigo. O seu relato funciona de interruptor para activar outros contos, persoais e expositivos, levándonos a outras historias que coinciden, moitas case por casua
...
11 / 11 / 2004

Os apelidos de Compostela

Dez artistas reúnense nestes días no CGAC baixo unha mesma misión: analizar as moitas facianas que solta a cidade de Compostela; o proxecto, baixo o comisariado de Miguel Fernández-Cid, ocupa dúas plantas do centro e poderase visitar ata o próximo 30 de maio.
...
11 / 11 / 2004

Poemas axóuxere

A paisaxe do íntimo en confluencia coa ollada pública queda concentrada nas últimas obras de Tono Carbajo que se presentan na galería SCQ de Santiago e que poderemos ver ata finais de mes. Poemas axóuxere.
...
11 / 11 / 2004

Viaxe mulata

A viaxe como exemplo de contactos, e o retorno como exemplo de experiencias. Partes dunha mostra “El real viaje Real / El retorno” que o Museo Patio Herreriano de Valladolid presenta ata o mes de maio. Un pretexto para recordar a calidade de moitas das obras que se realizan no noso país.
...
11 / 11 / 2004

Ironía na néboa

Mentres preparamos a viaxe de Arco, que inaugura mañá mércores, é un bo momento para pasear polas mostras que seguen latexando no territorio do grelo. Vigo oferta nestes días mostras de calidade, todas desde diferentes filosofías e direccións, pero exemplos de acertos desde a xestión privada.
...
11 / 11 / 2004

A memoria pincel

Nos próximos días coincidirán no MARCO de Vigo dúas mostras que reflexionan desde e ante a fotografía: desde “O feito fotográfico” ou fronte ás relacións entre “Fotografía e arte”. Partes dunha mesma intención de rexistrar a realidade.
...
11 / 11 / 2004

O ollo fragmentado

Nas instalacións de Sargadelos no Castro, en Sada, danse cita nestes días unha selección de artistas que, dentro do VIII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz, delimitan unhas das moitas dirección da arte galega actual. Un pretexto de achega e de seguir tomándolle o pulso ó contemporáneo.
...
11 / 11 / 2004

Pintura pozo

A galería Trinta, despois de recoller as luces de Chema Madoz, recibe a pintura emoción, a pintura pozo de Xesús Vázquez, un dos artistas máis interesantes da actualidade.
...
11 / 11 / 2004

Ver por vez primeira

Son dous os autores que, nestes días, se reúnen en Santiago en sedes expositivas diferentes, pero manteñen curiosos nexos de unión: a fotografía e a montaxe, a realidade e a reproducción, o xogo e a provocación. Vik Muniz e Chema Madoz presentan un mesmo corpo fotográfico con dúas cabezas, dous resultados.
...
11 / 11 / 2004

Luces de bombillas

Cando chegaba o verán, as vacacións de agosto, quedabamos atrapando moscas contra un parabrisas de praias; agora atrapamos peóns e bombillas de cores nas rúas ateigadas, camiño do agasallo de última hora.
...
11 / 11 / 2004

A pintura manchada

O Certame de Pintura do Concello de Cambre chega á súa XX edición. Motivo para analizar a súa presencia na engrenaxe cultural e proseguir na análise e coñecemento das novas voces da arte galega actual.
...
11 / 11 / 2004

Desde a poesía

Prosegue o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, nunha liña de análise da vangarda peninsular; a obra de Jorge Oteiza, baixo a mostra “O espacio sagrado”, retrata unha realidade estética e crítica excepcional.
...
11 / 11 / 2004

Ti fálame

A mostra “Olladas oceánicas na arte galega contemporánea” deposítase nas salas do Museo do Mar de Galicia como unha pluralidade de sensacións actuais, artísticas, ó redor do mar. Un proxecto que nace da análise histórica e se recrea nun presente complexo, emocionado
...
11 / 11 / 2004

Museo nómade

Nestes días a Fundación Barrié da Coruña parece un museo, un museo temporal. A mostra “Grandes Mestres do Museo Lázaro Galdiano” actúa de artificio museístico presentando, ate o sete de xaneiro, a obra de importantes autores da arte española e europea.
...
11 / 11 / 2004

Atrapar arquitecturas

Porto sempre presenta escusas para a súa visita. Nestas datas os amantes da arquitectura terán un novo pretexto, achegarse ás mostras que presenta o Museo de Arte Contemporánea Serralves, a colección MOMA de arquitectura e a mostra individual de Arata Isozaki.
...
11 / 11 / 2004

Retratar a nosa pel

A identidade preséntase como unha das reflexións do actual, unha das canles de análise da sociedade, sempre dende unha mirada fragmentaria. Acadar as súas facianas, os seus apelidos é o obxectivo de varias das exposicións que nestes días de dan cita na xeografía galega.
...
11 / 11 / 2004

Mensaxe: alternar

Quixemos parar en Vigo camiño de Porto, e descubrir as novas propostas dos últimos artistas portugueses. “Outras alternativas: novas experiencias visuais en Portugal” preséntase no MARCO como unha sorte de colectividade xeracional, arriscada e complexa.
...
11 / 11 / 2004

Nin antes nin despois

A obra de Carmen Nogueira, relatos feministas, dialoga co espacio pleno de memoria do coro da igrexa da Univerdade, en Santiago, dentro do proxecto expositivo Procesalia, que poderemos descubrir durante todo o mes de novembro.
...
11 / 11 / 2004

Luces en paredes esquecidas

A medio camiño entre un Bill Viola balanceando os sudarios das paixóns na National Gallery de Londres e os novos emigrantes españois, lúcidos, do “Real viaxe real” no P.S.1. de Nova York, nunha periferia detrás dun biombo de grelos, a proposta "Malas Artes" repousa na Sala dos Peiraos de Vigo.
...
11 / 11 / 2004

A luz e a súa sombra

Cada quen escolle unha pintura, a súa forma de ver a realidade. Miró e Saura amosan un xeito desde o interior para capturar os piares humanos do exterior. A obra do primeiro podemos vela na sede da fundación Caixa Galicia da Coruña baixo un dispersivo “Cantic del sol”, mentres que o segundo recolle unha ducia de obras na galería Atlántica da mesma cidade. Sol e negro, gris e ceo.
...
11 / 11 / 2004

Falar en tres voces

Pensamos en artistas e pensamos nun estudio. Hoxe atopamos un pintor, un escultor ou un fotógrafo, axentes do visual, prendendo ideas en cadansúa mostra. Vari Caramés, Alberto Datas e Jesús Pastor en tres galerías de Santiago; xeitos de ver, de analizar, pero sobre todo de falar.
...
11 / 11 / 2004

O CGAC no escenario

Dez anos sempre son motivo de celebración, máis nestes tempos de caídas súbitas e continuos temblores. O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) celebra este martes os seus dez anos de vida, digamos tamén, de intensa existencia; onte unha fermosa Marina Abramovic abría camiño na presentación do libro de performances “Studient Body”.
...
11 / 11 / 2004

Nacía un século

Considerado o terceiro piar do cubismo, despois de Picasso e Braque, a pintura de Juan Gris ensina o mellor deste movemento, cando se define nun clasicismo impecable. O Centro Cultural Caixanova permite que nos achegemos á súa obra, nunha das mostras máis interesantes deste último trimestre.
...
11 / 11 / 2004

A terra e a estrela

Caixa Galicia prepara motores para a nova tempada expositiva. Nos próximos catro meses inaugurará dúas mostras importantes, a fotografía de Ramón Masats e o “Cantic al sol” de Joan Miró, ó tempo que segue latente a realidade expositiva itinerante con mostras como Xurxo Lobato, Lugrís ou Tino Grandío.
...
11 / 11 / 2004

Camisetas de domingo

Terra de posibilidades, así reza unha nota na libreta das viaxes interiores. Os certames orientados á creación máis nova actúan de plataformas de expansión pública. "Novos Valores 2003" resulta unha acertada parada na Pontevedra de festas estivais e no percorrido pola arte galega deste comezo de século.
...
11 / 11 / 2004

Agosto mental, setembro frugal

O mensaxeiro de volta parece non querer desprenderse das maletas dunha viaxe, máis mental que real, que o levou por moitas das exposicións, espacios e territorios que, neste mes de agosto, quedaron no parabrisas, mentres atrapabamos moscas.
...
11 / 11 / 2004

Atrapando moscas

Caemos nun mundo de preguntas e respostas inmediatas. Por iso mesmo din que vivimos na globalización. Galicia, sobre todo nos meses de verán, ten moitas respostas pero poucas preguntas. O comentario vén a conto desta presentación das diversas exposicións que, para os meses de agosto, se van desenvolver no territorio galego, porque como outras moitas veces é difícil seleccionar, canto máis na colec
...
11 / 11 / 2004

A entrada lateral

Na confluencia está o logro de moitos programas expositivos temporais dos museos, pero tamén a súa desvirtualización. Neste dilema sitúanse, nestes días, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Provincial de Lugo, a Fundación Luís Seoane, o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa e o Museo de Pontevedra, coa presentación de varios proxectos expositivos en diálogo. Prego que non se note, pero es
...
11 / 11 / 2004

Á sombra de árbores caducas

Poucas cousas son, hoxe en día, indisciplinadas; acostumados a mundos recreados e ambientes Mc Donald´s. Por iso mesmo, cada vez que detectamos picos de emoción contaminada, ficamos atentos diante do escenario. A mostra “Indisciplinados” que se acaba de inaugurar no MARCO realiza unha contextualización da vertente transgresora, desde o punto de vista metodolóxico, da arte contemporánea.
...
11 / 11 / 2004

Memoria’s works

Lugo máxico ou romano, poucas veces calquera de nós visita Lugo para profundar no contemporáneo. Agora invito a facelo. Estas palabras queren ser un antídoto de inercia atlántica para acostumar o mensaxeiro ó clima continental, interior, e invitalo a visitar a cidade da muralla capturando pílulas de actualidade creativa; neste caso baixo tres exposicións que tiveron lugar nestes días: Vicente Preg
...
11 / 11 / 2004

Fondo de armario

Nestas datas de tránsito entre primaveras lectivas e períodos estivais, cando xa ata os anxos marchan de vacacións, quedamos os mensaxeiros agardando as lagarteiras. Tempo de lecer, tempo para mostras de carácter transitorio, fugaces pero atraíntes. Galerías de arte que ensinan obras dos seus fondos, os seus artistas, baixo nomes populares. Tempo de voces light.
...
11 / 11 / 2004

O nó e a estrada

Tatiana Medal e Almudena Fernández son dúas das artistas novas máis interesantes do noso panorama creativo; emparentadas en numerosas colectivas, agora son testemuña dun emparellamento fortuíto na galería Marisa Marimón de Ourense, e, sen embargo, os seus traballos establecen diálogos moi coherentes.
...
11 / 11 / 2004

O nacemento dunha paisaxe

A obra de Ansel Adams ensina a verdade, a verdade prendida na paisaxe. A súa foi unha aposta pola obxectividade, pola fotografía pura da natureza no interior dos Estados Unidos. A Fundación Barrié segue mantendo o seu compromiso coa realidade contemporánea, agora de sinatura histórica, para celebrar e descubrir a obra dun dos mestres da fotografía do século pasado.
...
11 / 11 / 2004

Para poñer en marcha o dispositivo prema ON. 1

A fascinación do próximo. Suso Fandiño achégase á exposición de Arturo Fuentes na galería Ad Hod desde a seguridade e a fascinación, capturando a súa destreza imaxinativa e as moitas canles interactivas da súa faciana tecnolóxica. Novos camiños para un novo xeito de presentar. Aplaudir o deseño da mostra, a aposta da galerista e o sinxelo retrato dun colega.
...
11 / 11 / 2004

Os soños do bastidor

Levamos tempo seguindo a Jesús Mourelo, como el actúa, en silencio, diante da realidade. Desde que hai catro anos presentara os seus traballos na galería Bacelos de Vigo, as súas obras fóronse limpando de imaxes, acentuando un éxito de información. Os seus novos intentos de visibilidade pública volven ó mesmo lugar ata comezos de xullo; recoméndovos descubrilo.
...
11 / 11 / 2004

As cúpulas da realidade

O Centro Torrente Ballester de Ferrol segue con moita forza o seu asentamento na paisaxe cultural galega. Vari Caramés, Pamen Pereira, Carlos Rial e Rubén Ramos Balsa son algúns dos piares desta tempada, cada un desde a súa linguaxe persoal. Agora, neste momento de inestables etapas post-electivas, é unha boa ocasión para apoiar o seu importante labor dentro do tecido creativo da cidade.
...
11 / 11 / 2004

Sempre Sargadelos

Sargadelos confírelle á historia de Galicia unha sensata presencia, un inesgotable zume de experimentación e investigación entre arte e a artesanía. Desde o pasado 9 de maio a galería da entidade en Santiago presenta unha nova sede rehabilitada na mesma Rúa Nova, con dúas mostras inaugurais: Ánxel Casal e “De novo”.
...
11 / 11 / 2004

A alma da historia galega

Galicia desde os ollos de Madrid. Así podería titularse este percorrido que Neves Seara, hábil caza-bolboretas de mensaxes do contemporáneo, invita a facer pola obra de tres artista galegos que recollen as súas últimas obras en tres importantes galerías madrileñas. Cada un emprega a súa linguaxe, ensina unha doutrina sempre impecable: signos persoais dominando a superficie de pegadas en Antón Pati
...
11 / 11 / 2004

Nacer na memoria

Os espacios culturais, que foron analizados nos capítulos anteriores desta sección, adquiren agora pautas de actualidade, coa inauguración de dous novos centros de arte e cultura no noso territorio: a sede de Sargadelos en Santiago, que será analizada en próximas entregas, e a Fundación Luís Seoane, na Coruña, que inaugurou un novo enderezo no antigo Cuartel Macanaz. Neste artigo analizamos a súa
...
11 / 11 / 2004

Espacios desde o parabrisas II .
Facer vivir a historia

Esta segunda parte das olladas desde un coche trata de percorrer aqueloutros espacios culturais da xeografía galega que seguen retratando vontades expositivas co ámbito do contemporáneo. Preténdese pechar unha aproximación ás salas, museos ou centros que gardan os pasos do visitante ás mostra de arte actual.
...
11 / 11 / 2004

Espacios desde o parabrisas I

Chamémoslles espacios de exposición, lugares onde instalar ou, sinxelamente, acomodar as propostas artísticas, as ideas feitas obxectos. Estas caixas expositoras son algo máis que lugares de repouso, de ocio, son exemplos da nosa memoria, do noso imaxinario colectivo. Son arquitecturas. En cada unha delas está algo do visitante, algo do limpador de lixo, do porteiro ou do carteiro. Estas liñas ens
...
11 / 11 / 2004

O Pop modernista

Keith Haring pertence a ese grupo de artistas que fixeron do relativo, da denuncia, do social, un postulado de existencia. Esa mesma vontade de resistencia, serve de pano de fondo idóneo para ilustrar a creación dunha nova galería, C5 Colección, que desde o venres se aloxa na nosa incerta e desafiante realidade galerística.
...
11 / 11 / 2004

IFI, arte en movemento

Na xeografía galega seguimos camiñando por unha incerteza de iniciativas relacionadas coa arte audiovisual; o festival de arte total IFI 2003, celebrado en Pontevedra os pasados 2, 3 e 4 de abril, ofreceu unha plataforma certamente innovadora de promoción e crecemento da videocreación e da arte musical. Cristina González, que participou neste proxecto cunha performance, ofrece unha visión integral
...
11 / 11 / 2004

O voo da andoriña

Pamen Pereira pertence a un grupo de artistas sen etiqueta nin departamento, co seu niño sempre lonxe dos tetos da nai. Pertence, iso si, a ese grupo de autores que conforman o seu traballo con suxestións emotivas, laminadas en copos de auga, afogados nun vaso de chocolate mentres navega en augas de paisaxes xaponesas. Nin apátrida, como podería ser Anish Kapoor, só coas plumas da andoriña. A gale
...
11 / 11 / 2004

O cesto das bágoas

Rompendo tópicos e aclarando comentarios, o mensaxeiro de vacacións percorre a mostra Melodrama que se presenta no MARCO de Vigo ata finais de xuño. Obras moi entregadas, barrocas e exultantes de enerxía e dispoñibilidade crítica, un éxito expositivo.
...
11 / 11 / 2004

Cores na faciana de metal

José Pedro Croft é, posiblemente, o mellor artista portugués da actualidade; por iso a presente mostra que se acaba de inaugurar no CGAC presenta unha serea impresión de exposición, impecable. Temos ata finais de xuño para visitala, pero invito a facelo o antes posible, por aquilo de aprender dunha boa montaxe e relativizar outras.
...
11 / 11 / 2004

Estadas para a memoria

A contaminación pictórica, perfil difuso da arte contemporánea e etiqueta en aumento desde a década dos noventa, sería a primeira escala na obra de Miguel Mosquera. Artista silencioso de colaxes e paisaxes íntimas que acaba de inaugurar unha exquisita selección dos seus últimos traballos na galería Marisa Marimón de Ourense.
...
11 / 11 / 2004

A nena do carrusel

Capturemos o diálogo do tempo co corpo e a emoción subxace silenciosa, impactante. A Fundación Laxeiro de Vigo ofrece na mostra “Formas de ser” da fotógrafa Andrea Costas xeitos e pautas de reciprocidade corporal e mental.
...
11 / 11 / 2004

Abrindo a persiana

A paisaxe, nas lecturas de Antonio Murado, compréndese romántica, compréndese lírica. Neste escenario etiquétase a mostra das últimas obras deste pintor que ata o 2 de abril se amosan na galería Trinta, logo de exponer o pasado ano no CGAC.
...
11 / 11 / 2004

Restos do naufraxio
(non ver o interior holandés en Madrid)

Cando penso en naufraxios penso en Baricco, no vello Simbad, pero tamén nas imaxinativas obras de Carlos Rial ou Pepe Espaliu. A ollada preñada de Marta Pérez recolecta os vestixios dun naufraxio da inxustiza, da desesperación, desas pegadas que quedan para sempre, dun día de febreiro, cando Madrid recollía os pasos de milleiros de galegos. As barcas, quedaron, durmidas no peirao; porque o naufrax
...
11 / 11 / 2004

O caso do pintor romántico

A pintura, segundo Xabier Magalhães, sobrevive na figuración expresionista e sobresae nunha ambientación barroca e exaltada. Ata o 26 de marzo pódese ver na galería José Lorenzo de Santiago unha selección das súas últimas obras.
...
11 / 11 / 2004

A eterna batalla da figuración

A figuración como proposta de análise do contemporáneo e a itinerancia como resposta sinxela e apersoal ó programa expositivo actual. Dúas ideas e flashes que se compilan na mostra “Figuraciones” que recolle e invade as salas do Auditorio de Galicia ata finais de abril.
...
11 / 11 / 2004

A vespa grecoromana de Piranesi

A obra de Piranesi ocupa un excepcional espacio na arte universal, no apartado dos artistas barrocos, vestidos de paisaxes románticas e espacios visionarios. A Fundación Caixa Galicia ofrece na súa sede da Coruña unha selección das súas obras, centradas nunha etapa histórica, na reconstrucción da Roma imperial.
...
11 / 11 / 2004

Madeira galega en Arco

Esta edición de Arco ofreceu, desde a óptica galega, unha das edicións máis imaxinativas; a desaparición dalgunha forza repúxose coa madurez e afirmación doutras. Foi un Arco de murmurios e de berros, espacios saturados e ausencias etiquetadas.
...
11 / 11 / 2004

Medo ao novo

Valle Inclán recolle o mellor da tradición galega. Volver á súa figura desde a análise biográfica supón unha arriscada aposta expositiva, unha actitude que a presente mostra ilustra de xeito exemplar. Jorge Guitián retrata a súa faciana creativa, literaria e, sobre todo, referencial cunha cidade, Pontevedra; recolle os seus pasos urbanos e traza redes interdisciplinares do home da triste silueta.
...
11 / 11 / 2004

Tartarugas na fotografía

Mentres preparamos as maletas con destino ARCO, a tempada expositiva continúa nesta Galicia de desalentos e rumores. A galería VGO de Vigo propón ata finais de mes unha mostra de carácter evocador e paisaxístico, quedando sobre as paredes as suxestións fotográficas de Ana Fernández.
...
11 / 11 / 2004

Latexos no CGAC

Recoller unha colección non é simplemente almacenar obras, formas plásticas. Nesta dirección camiña a mostra "Miradas Cómplices" que presenta o CGAC como primeira liña de achegamento, presentación e investigación da súa colección.
...
11 / 11 / 2004

Muletas de vida

A obra de Carlos Rial descobre xeitos de achegarse ó íntimo; toda a súa producción preséntase como un continuo desvelo cara o interior, pezas de fragmentos, vestixios e metáforas que actúan de autorretratos. Na presente mostra, que recala na galería SCQ de Santiago ata finais de febreiro, revén as mesmas inquedanzas que ven recollendo nos últimos anos, nunha dirección quizais máis sintética e seri
...
11 / 11 / 2004

As voces da madeira

Cada unha das pezas de Ignacio Basallo relata unha delicada conciliación entre a tradición e a linguaxe contemporánea. A mostra aloxada que no CGAC ata o mes de marzo, comezando a súa tempada expositiva, ensina as súas últimas creacións, os temas e procesos técnicos nos que leva a traballar nos últimos anos.
...
11 / 11 / 2004

O factor provisional da arte

Dentro das diversas propostas colectivas a actualidade descubre unha exposición certamente destacable, exemplar: a mostra dos bolseiros de Unión Fenosa no Museo Unión Fenosa da Coruña. Mónica alonso, Mar Caldas e Manuel Vázquez serán os responsables de imaxinativas instalacións que falan de ficción, recreación e narratividade. Exemplos de arriscadas e desveladoras tendencias da arte galega actual.
...
11 / 11 / 2004

Corenta e sete mil minutos en Manhattan

A emblemática terra de rañaceos, desde o ceo, amosa un novo "skyline", unha nova banda sonora. A nova Nova York engalánase, agarimosa, ós pasos dunha visitante curiosa. Nancy Pérez, sutil historiadora da nosa emigración, percorreu as súas rúas, museos, xentes e duendes durante un mes. Estas primeiras pinceladas quedan como un prólogo de suxestións que proseguirán en novas entregas, completando un
...
11 / 11 / 2004

Manuel Patinha / Paco Pestana.
Viaxe alucinante ó fondo da escultura

O Auditorio de Galicia presenta ata febreiro un diálogo que nace como atípico: Paco Pestana e Manuel Patinha, cara e cruz da plástica galega. Dúas forzas miden as súas poéticas nunha mesma proposta expositiva. Emma González recolle e traduce as súas mensaxes, depurando estes relatos de complicados debates pero suxestivos resultados.
...
11 / 11 / 2004

Os pasos do caracol

O poder da pintura nunha parede branca. A Galería Trinta de Santiago recolle ata finais de mes unha fascinante selección dos últimos traballos de Berta Cáccamo, pintora da abstracción que percorre o panorama galego coa tranquilidade da experiencia e o sorriso dos comezos; pinturas e debuxos, imaxinación e camiños.
...
11 / 11 / 2004

As tallas XL da pintura

As últimas obras de Menchu Lamas, que ata mediados de xaneiro recolle a galería SCQ de Santiago, destilan a maxia dunha grande artista. Pinturas de expresión onde a literatura dos anos oitenta queda nunha presencia icónica, como pegadas dun pasado de siluetas antropomórficas, como etiquetas, en estructuras xeométricas. O poder da liña, da narración, nas facianas líricas dunha pintura con moitas ca
...
11 / 11 / 2004

As moitas cores da mar galega

O pretexto queda prendido na actualidade, unha marea negra inunda as nosas costas. A miña participación ante esta realidade sitúase instalando un espacio para a lembranza; pero non unha nostalxia decadente, plañideira, senón aquela que prende mecha no futuro, reconstruíndo e esixindo responsabilidades. Reconstruir un lugar para que non se esqueza, revivindo os intres de relación da arte coa paisax
...
11 / 11 / 2004

As armas secretas dunha cidade

Tempo de agasallos nas vitrinas de Preciados. Madrid ensina as armas secretas, limpa a faciana castiza, xuntándose con aquelas forzas e axentes clásicos, os mesmos que a converteron unha cidade referencial na arte actual. Dous días e un bono de metrobus nun itinerario polas mostras de galerías e museos, illas de ilusión.
...
11 / 11 / 2004

Habitacións de soños

Construímos habitacións de soños, lugares onde recrear as ideas, as vivencias, as nosas virtudes e defectos, en resumo, espacios para recrear a arte. O novo Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) esconchou logo de anos de embarazo cunha vocación dual, reflexiva e informativa. Os seus motores de propulsión son as dúas exposicións: “Atlántica, 1980-1986” e “Cardinales”.
...
11 / 11 / 2004

A faciana práctica do creativo

Algo queda claro, algo está a cambiar na arte galega. No recentemente inaugurado II Premio Auditorio de Galicia queda un sorriso de optimismo no vento; mudas de pel ou de órganos que conforman, aínda, un panorama enlamado, pero versátil. Precisamos zancos, prismáticos ou apalpar na escuridade, en fin, recoñecer facianas novas e ollalas, como andoriñas voando.
...
11 / 11 / 2004

De fíos e labirintos

Fronte ó vento, pechamos os ollos; limpando as bagoas quedamos cegos, cegos de vida. Manuel Vilariño amosa un mundo no linde, alén da terra, cando o corpo resiste pendurando nun fío de leite, sustento existencial. Mentres, Roberto Ribao, raposo tamén da fotografía, retrata un relato máxico, de referencias literarias, con soportes de supervivencia: cruces, labirintos e compoñentes animais, fuxidos,
...
11 / 11 / 2004

Distinction / Extintion

Eu quero ser Marta Pérez. Nesta achega a un feito creativo destila todo o inxenio urbano dunha excelente recolectora do cotián. Porque a arte, moitas veces, escríbese en primeira persoa. Mentres, a súa é unha vontade de saberse triunfante, soñadora, reconstruíndo pétalos do seu mundo, fixando flashes desde o autobús. Unha viguesa que, recollendo saúdos nunha tarde de domingo, recalou na ambigua mo
...
11 / 11 / 2004

Vestidos diante do biombo

Diante do biombo os personaxes actúan dentro dun guión establecido. Diego Santomé trasviste os actores, e con iso a mensaxe, diseccionando a arte como disciplina e o museo como institución dentro dun teatro de vaidades. A galería Bacelos de Vigo traduce no espacio as súas ideas críticas e ácidas. Unha mostra que se presenta de plena actualidade informativa fronte á inauguración, o próximo día 15,
...
11 / 11 / 2004

Paisaxes da memoria

Dous poemas, dúas paisaxes; Antón Patiño reflicte, desde a opción da expresión, a loita da pintura como feito e acción do real. Recolle na galería VGO de Vigo a súa última obra, a mesma que destila pautas da súa traxectoria, ollando o pasado, limpa, preñada de suxestións e iconografías.
...
11 / 11 / 2004

Auga entre os dedos

Despois das pinturas de Penck, mestre do neoexpresionismo alemán, a Fundación Laxeiro de Vigo entrega unha mostra invividual de Guillermo Aymerich. Ata mediados de decembro poderemos descubrir unha obra aberta, en continua dispersión, presentada nas vintedúas series que dispersa nesta suxestiva "Aproximación á auga".
...
11 / 11 / 2004

Novos circuitos expositivos

Acelerando o proceso de normalización da arte galega máis nova, seguen aparecendo proxectos específicos ou exposicións colectivas como “Emerxentes” na Casa da Parra. A selección, que poderá verse ata finais deste mes, acolle un grupo de seis artistas nóveis galegos traballando en diferentes disciplinas; os mesmos que Marta Gerveno analiza de xeito individual, asentando piares que estru
...
11 / 11 / 2004

A pintura silenciosa

Camiño da abstracción deixando restos de memoria. Alberto Datas ensina a súa obra máis íntima na galería Marisa Marimón de Ourense, ata o 6 de novembro. Debuxos sobre papel, delicados, fáxiles.
...
11 / 11 / 2004

Medir o medo coñecido

Nacer no medo. Caer no desexo e tamén na repulsión. Mona Hatoum, unha das mellores artistas do momento que ven de participar na recente XI Documenta de Kassel, presenta no CGAC unha extensa e importante selección dos seus traballos, os mesmos que dominan nun museo branco, onde sen sangrar nin berrar todos nos sentimos partícipes do seu teatro vital. E seguimos querendo volver, como sucede coa obra
...
11 / 11 / 2004

Á arte pola curiosidade

Unha aposta cega pola creatividade. Mingos Teixeira reflexionar sobre o feito da producción artística, propoñendo liñas de investigación prácticas e directas, establecendo pontes, xeitos ou posicionamentos estéticos do home fronte á vida.
...
11 / 11 / 2004

Coller cravos coas mans

A obra de Xosé Carlos Barros comeza alterando a nosa visita e remata nunha perfecta simbiose entre espacio, arte e memoria. A galería SCQ de Santiago recolle as súas últimas esculturas, diálogos desde o residual, de xestos e pinceladas que reteñen ó visitante.
...
11 / 11 / 2004

A fotografía terra

Lonxe ou preto, a Galicia de mediados do século pasado só tiña unha faciana. Ramón Caamaño e Jean Dieuzaide así o demostran nas dúas salas que ofrecen as súas respectivas visións do real, o Pazo de Fonseca e a Igrexa da Compañía en Santiago. Relatan unha terra en primeira persona, na mesma que respiran, dixándonos os seus fascinates retratos e paisaxes.
...
11 / 11 / 2004

O diario da navalla

O ciclo Miradas Virxes do Centro Torrente Ballester volve sorprender. A mostra do fotógrafo mozo Fran Herbello, que poderemos ver ata mediados de outubro, disecciona a realidade da beleza e do paso do tempo como mensaxes de “vanitas”.
...
11 / 11 / 2004

A ética xeográfica

"Oito relatos nórdicos", a mostra que ata mediados de mes acolle o CGAC, narra a variada e plural natureza desas latitudes. Agora percorrémola relendo a súa filosofía espacial e o seu sorprendente carácter internacional.
...
11 / 11 / 2004

Paisaxes internas

Cando a abstracción respira baixo a pintura e loita por saír nun mundo de referencias vexetais, pétalos de flores e ventos feridos, Antonio Murado reinterpreta a paisaxe. Virginia Villar mima a súa obra, a mesma que recolle o CGAC nunha magnífica mostra ata finais de mes.
...
11 / 11 / 2004

Experiencias estéticas e tinta china

A mostra Gao Xingjian no Museo de Belas Artes da Coruña quedou presa nos ollos. As súas poesías visuais emocionaron á filósofa Verónica Cernadas nesta reflexión sobre a obra dun pintor descoñecido, dun escritor intimista.
...
11 / 11 / 2004

Os relatos provisionais da arte

Cada cinco anos a cidade alemaña de Kassel acolle a Documenta, un dos certames máis carismáticos da arte mundial. A presente edición, pola que paseamos o pasado agosto, amosa a arte do chamado terceiro mundo analizándoa desde dúas direccións xustapostas: a ollada dos seus protagonistas e o relato dos occidentais.
...
11 / 11 / 2004

Se non me amas serás responsable da miña morte

Asaltar a creación. O pretexto desta narración era analizar a recente Bienal de Pontevedra, pero o artista Santi Jiménez conclue nunha fuxida apertando ideas baixo as rodas. O resultado, honestos cuestionamentos da arte.
...
11 / 11 / 2004

Lume sobre o mar

O Museo do Mar de Galicia, realizado por Aldo Rossi e César Portela na periferia litoral de Vigo, realiza unha homenaxe ó mar como motivo iconográfico, fonte de riqueza e icona histórica. Unha ollada narrativa que se presenta na mostra inaugural "1702: Arde o mar", a mesma que visita e analiza o historiador Gustavo Hervella.
...
11 / 11 / 2004

Soños dun vangardista

A exposición que nos presenta a Fundación Caixa Galicia, na súa sala de mostras da Coruña, do pintor Cándido Fernández Mazas constitúe un tributo non só ó artista ourensán, senón que tamén é unha homenaxe a todos os intelectuais que atoparon o 18 de xullo de 1936 o fin á súa carreira profesional.
...
11 / 11 / 2004

Pequenos anacos do real

O Edificio Sarmiento, unha da partes do Museo de Pontevedra, acolle durante todo este mes de agosto a exposición Novos Valores. Máis que coñecer novas figuras, algo que está por ver, o recente certame permite coñecer as novas vías polas que se encauza a arte galega deste novo milenio.
...
11 / 11 / 2004

Amosar a carne, nin tan sequera

Dentro da longa viaxe que traza a escultura universal, Auguste Rodin permite asomarnos ó balcón da arte que mudaba facianas a finais do XIX, a mesma que agora podemos admirar na mostra que a Universidade de Santiago de Compostela presenta en dúas sedes, a Igrexa da Compañía e o Colexio de Fonseca.
...
11 / 11 / 2004

Un proxecto de exposición

Unha traducción de disciplinas. Cando a arte se pode proxectar, Sol LeWitt fusiona teorías nun espacio que comeza real e remata imaxinario. Achegarse á súa proposta na Fundación Barrié da Coruña desde a mirada afable, é o que ofrece o arquitecto Xurxo Baratta, que se reconforta identificado na linguaxe da estructura, daquela que tamén respira nos lampexos das lembranzas.
...
11 / 11 / 2004

Flores como coitelos vermellos

A escultura contemporánea actual nútrese dos máis diferentes ingredientes, soprenden descubrir aquela que dixire unha linguaxe conceptual, poética, a mesma que agora presenta o CGAC coa mostra de Richard Tuttle. Esta exposición serve como pretexto para prolongar as mensaxes, saltar fronteiras e atrapar ó mensaxeiro que volve do Porto, de admirar as mostras de Nan Goldin e Cristina Iglesias.
...
11 / 11 / 2004

A bienal do asentamento

A Bienal de Arte de Pontevedra chega coa súa XXVIII edición, descubrindo as creacións dos artistas nórdicos e amosando leves pero significativas propostas de artistas peninsulares.
...
11 / 11 / 2004

Unha mirada feminina de Photo España 2002

A realidade vista a través dun obxectivo. Photo España recolle nunha nova edición a mirada desde e fronte ó feminino. Noa Losada, estudiante de Museoloxía, fai un percorrido polas rúas madrileñas visitando as máis de sesenta mostras que debuxan esta interesante proposta anual.
...
11 / 11 / 2004

A escultura galega na balanza

Cando a arte galega comezou a crer, a escultura ofreceu o seu apoio desde a forza do material e a vivacidade do conceptual; vinte forzas que reforzan esa realidade conforman a mostra “Galicia es cultura” que se presenta durante o verán no remodelado Centro Torrente Ballester.
...
11 / 11 / 2004

Cando as palabras limpan o corpo

Marina Abramovic visitou o CGAC a pasada semana para impartir un curso de performance, "Cleaning the house" na chamada "Casa da Terra", illada de todo. Ela, vintesete alumnos e unha testemuña de excepción, Silvia García, unhas das coordinadoras do Departamento de Actividades do centro; a mesma que agora nos conta as emocións que resultaron desa estadía e, prolongando a análise, fainos un agasallo:
...
11 / 11 / 2004

O sorriso do vento

A escultura clásica, forxada en ferro, nun home tranquilo, afable, Martín Chirino. Unha selección das súas esculturas pódense ver durante todo o mes de agosto no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa da Coruña.
...
11 / 11 / 2004

Miradas desde a ficción

Vicente Blanco, fornada da facultade pontevedresa, amosa unha mirada limpa, como síntese, nas súas últimas obras, que agora se presentan na galería ourensá Marisa Marimón, ata o próximo 31 de xullo.
...
11 / 11 / 2004

Víctimas dunha razzia con agulla e fío

Ana de Matos converte o coro da Igrexa da Compañía, en Santiago, nunha escenografía de velos. A xornalista Carmen Villar depura a súa mensaxe de lecturas do femenino, do íntimo.
Por Carme Villar
...
11 / 11 / 2004

Cando murmura a paisaxe

Antón Lamazares evidénciase como un dos pintores máis interesantes do panorama galego actual, desprende unha ollada irónica que se refresca en cada unha das súas exposicións, nesta da galería santiaguesa SCQ, presenta as súas últimas obras, baixo o rotundo epígrafe “O libro dos Jueces”.
...
11 / 11 / 2004

Deixando que a natureza xesticule

A pintura no caso de Manuel Vázquez trasvístese de fotografía e vídeo; David Barro, comisario desta mostra e coordinador do ciclo Miradas Virxes, fala dunha arte que se admira nos espellismos e no axar.
Por David Barro
...
Sobre a colaboración
A mensaxe nace da ficción, narrar o que sucede, atrapando ó mensaxeiro; remata no cotián, atrapando a realidade.

Xosé Manuel Lens tende pontes entre a arte contemporánea e o público, nunha ollada dende o plural.
imaxe non dispoñible
Jose Lens
Máis información
Noticias sobre arte
Biblioteca de Arte
Exposicións, galerias, museos,...


O seu libro

Atrapade o mensaxeiro
Descarga a primeira recopilación de artigos desta sección
Búmerangs



Búmerang é participación. un diálogo coas novas voces das artes plásticas e visuais contemporáneas; un proceso aberto con 30 autores de plena actuación creativa.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo
Paisaxes de Papel
por Eduardo Maroño

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org