10 / 4 / 2008
O final twist ou o remate aberto
...
27 / 3 / 2008
“Es vergonzoso que uno no se permita
de ningún modo ciertas metamorfosis.
El carácter es la selección entre las metamorfosis.”
(Elias CANETTI, El suplicio de las moscas Ed. Anaya & Mario Muchnik, Madrid 1994.)
Se cadra para comezar, recoñecer a miña devoción polo conto. Esta querenza ven, con certeza, de cando na aldea
...
13 / 3 / 2008
Hai tempo xa lles falei da lectura partindo de tres experiencias propias.
...
28 / 2 / 2008
As veces, no noso gusto polo xogo e a experimentación, escritores e artistas en xeral, mais tamén filósofos e científicos, adoitamos relacionar conceptos que nun principio non o estarían claramente. Eu gustei dende sempre desta mestura de coñecementos e risco na selección dos pares. Gustei máis aínda cando atopei nos camiños da vida, sinuosos e abraiantes coma eles son, xentes que tamén gozaban co
...
14 / 2 / 2008
Sempre que se fala de literatura e de libros (o caso dos libros de arte e os das edicións de bibliófilos son ben distintos), os autores teñen un rol central e moi de cando en vez se refiren os comentarios aos editores.
De sempre parecéronme os editores un elo fundamental do sistema literario, axentes económicos que arriscan os seus cartos para dar a coñecer o traballo dos escritores. De
...
31 / 1 / 2008
Dende hai unha serie de anos hai quen diga que a literatura galega ten poucas páxinas escritas sobre o mar, e menos aínda escritas dende o mar. O primeiro non é certo, non hai máis que pensar que dende
Martín Códax (“e cercáronme as ondas que grandes son”) ata un poema recente de, por exemplo,
Ana Romaní (“as mulleres de sal, con argazos de sombras / xorden das últimas mareas”), hai
...
17 / 1 / 2008
Dende que a literatura é literatura escrita, e mesmo cando era só transmisión oral dun suceso ou dunha lenda, o narrador experimentado ten sempre boa conta das primeiras verbas. Sabe, con certeza, que son esas frases as que van prender o seu discurso para que este se faga fluído, e son estas primeiras pasaxes tamén as que van a prender ou non a atención do lector. No caso da literatura de transmis
...
3 / 1 / 2008
Na escola aprendéranme que para escoller un libro dos andeis dunha biblioteca ou dunha libraría tería que rexeitar varios engados, a saber: a) a cuberta, que non necesariamente ten que ver co contido, que pode ser mesmo enganosa e que non fala do libro, senón que constitúe un atractivo comercial, como a publicidade, as listas de máis vendidos ou a presenza do libro na mesa de novidades; b) o que p
...
20 / 12 / 2007
(segue do artigo anterior)
3. Literatura e cinema, mensaxes intercambiábeis?
Un guión cinematográfico non deixa de ser un xénero literario pois amais de contar unha historia faino con palabras, para que estas sexan logo transformadas en imaxes e diálogos. Sería como unha partitura, que despois de concibida o director e o equipo técnico que el dirixe interpretan dun xeito ou dout
...
5 / 12 / 2007
Estou certo, con esa certeza que dá o recoñecemento da diversidade, que non vou escribir nada que os que me len non saiban, pois ben que participe do gusto e da afección por ambas as dúas manifestacións artísticas non está na miña formación a de estudoso das artes, e se ben practico unha delas – a literatura- con deleitación e entusiasmo de adicto, da outra non son senón –e nunca mellor dito- un m
...
22 / 11 / 2007
Facelo nos lugares máis diversos con amigos recen descubertos
Pasaron os anos da adolescencia e da primeira xuventude, que tantas mudanzas procuran, e fun tomando en serio o asunto da lectura. Quería aprender o que non me ensinaran, desexaba a todo prezo me facer cun dominio da lingua que non tiña. Fun adquirindo así o costume de comentar na marxe os libros que ía lendo, fosen estes
...
8 / 11 / 2007
A primeira vez
Todo comezou a tenra idade de tres anos, nunha noite de inverno para min e abraio para os meus maiores. Nai entrou no cuarto sentíndome falar en alta voz. Logo saíu sen facer ruído –contoumo anos despois nunha sesión de filloas e confidencias- e foi chamar por pai: o neno sabía ler, o neno estaba lendo en alta voz “Aladino y la lámpara maravillosa”, o conto do rapaz qu
...
25 / 10 / 2007
Moitas veces temos a idea que os escritores son só iso, escritores, e daquela non teñen outra profesión nin beneficio. A realidade –en forma de pequeno historial ou biografía sumaria de cada un deles- fai que abandonemos esa idea romántica e baixemos a terra para ver, non sen abraio, coma só unha minoría de escritores son coma nós críamos, só escritores. O resto repártense nas máis variadas profes
...
11 / 10 / 2007
O 18 de xullo de 1962, en Lima, -
Bryce Echenique dixit- o bosque de soldados camuflados do Xeneral Robles Godoy camiñou cara ao Pazo presidencial para depoñer a Manuel Prado Ugarteche, rememorando así o asalto das tropas do Príncipe Malcom ao Castelo de Macbeth (1). A realidade plaxiaba minimamente á ficción. O Xeneral Robles Godoy non foi acusado de plaxio, xa que resultou imposíbel demost
...
27 / 9 / 2007
De cando en vez aparece un escritor que gusta de introducir nos seus textos de prosa unha colección, ás veces abusiva de citacións. En xeral, hai nos lectores unha queixa pola abundancia deste recurso, que se interpreta habitualmente cun rexeitamento formal. Ás veces, a contrapeito, a obra é respectada, facendo a salvidade das citas, que se consideran excesivas ou alteradoras do ritmo de lectura.
...
13 / 9 / 2007
Non é infrecuente que un se encontre confrontado co requirimento de recomendar algún libro. Acontece, e todos o facemos dun xeito automático e irreflexivo. Eu se cadra deba facer neste punto unha paraxe e un propósito da emenda, pois non é a primeira vez que recomendo un libro pública ou privadamente. Digo propósito da emenda, pois este verán, analizando a extensión e a frecuencia dos meus comport
...
19 / 7 / 2007
Souben de sempre que vivir cun escritor debía ser tarefa de heroes, pois os máis de nós somos ególatras e dificultosos, maníacos e un pouco prosmas. Os que sofren a nosa presenza cotiá ou aqueles que nos teñen abandonado no camiño saben, sen dúbida, do que estou a falar. Hai tempo matinei en escribir a xeito de autocrítica sobre esas dificultades. Logo pareceume obvio e pouco específico e deixein
...
5 / 7 / 2007
Recentemente, na Feira do libro de Turín (1), cando unha xornalista lle demandou a
Umberto Ecco nun programa de radio, porqué escrebe?, el contestou: “pois para lle poder responder unha pregunta tan absurda.”. Asáltame a idea de responder de xeito semellante cando escoito unha e outra vez a pregunta canónica: un escritor faise ou nace sendo escritor? (2): paréceme unha pregunta absurda, mai
...
21 / 6 / 2007
E fomos ficando sós
O mar, o barco e mais nós
(“De catro a catro”, Manoel Antonio)
Hai quen diga que narrar é contar outras vidas que un ten vivido no proceso de creación, por medio do cal a experiencia se transforma en arte. Se o que escrebe acerta no empeño, consegue recrear unha realidade distinta, mais tan verd
...
7 / 6 / 2007
Hai varias razóns para falar de blogs [1] , a primeira sen dúbida porque é unha realidade que esta aí, se cadra pouco utilizada nas súas posibilidades e a outra porque é un instrumento que pode axudar a mudar mentalidades, a espallar ideas, a exercer a liberdade de expresión... en definitiva a resistir contra a onda de uniformización e de simplificación que xa nos comeza a asfixiar. Tamén se pode
...
24 / 5 / 2007
Nunha cita xa clásica de “Along the road”,
Aldous Huxley define as características dos libros que se han de levar cando de viaxe: “As calidades dun bo libro para viaxar son: debe ser dun xénero que permita abrilo en calquera punto e encontrar alí un texto completo en si mesmo, que sexa posíbel ler en pouco tempo, pois un libro que requira unha atención permanente é inútil cando un está de v
...
10 / 5 / 2007
Hai unha máxima ven coñecida que di: “nunca regreses a onde fuches feliz”. O meu amigo
Huo-Chuan Wang, chinés de Formosa e home viaxeiro por razón da súa profesión artística, aplícao á escolla das súas vacacións e daquela nunca repite un destino turístico. Se cadra o meu amigo chinés aplica o principio de que a vacación en si, como rachadura radical co traballo rutineiro, leva aparellada a
...
26 / 4 / 2007
Se callar tería que comezar negando os conceptos aos que se refire o título escollido. Si, seria o mellor pois non acredito en categorías absolutas, excluíntes, opostas. Educado na explicación dialéctica do mundo, acredito no transito, no fluxo, nas formigas de
Escher camiñando sen fin sobre fitas de
Moebius con dúas caras infinitas. A realidade non existe, ou cando menos non existe
...
12 / 4 / 2007
Nesta primeira entrega de “Cartas Marcadas” vou falar do que a algúns lles parecerá obvio e, por tanto, prescindíbel. Mais, ás veces, para nos centrar é necesario constatar a existencia do obvio. Vou comezar como eu ben gusto, con dúas ou tres referencias non canónicas que me dean o fío argumental. O resto é artesanía heterodoxa, pois como ben di
Olivier Rolin a propósito dese seu libro L’i
...