A resistencia cultural dos Estudios Abertos en Ourense

Por segundo ano será posible visitar os espazos de creación artística da cidade e da provincia

  • Máis de 30 artistas amosarán o seu lugar de traballo e o seu proceso creativo na segunda edición dos Estudios Abertos en Ourense. Durante tres días, entre este venres, 24 de outubro e o domingo 26 poderán visitarse 19 espazos de creación artís...

A falta de recursos e o voluntarismo lastran a acción dos Servizos de Normalización Lingüística

O Consello da Cultura Galega presentou unha análise da situación destas entidades cando se fan tres décadas da súa creación

  • O Consello da Cultura Galega daba a coñecer este 21 de outubro o primeiro estudo que analiza a situación dos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) e dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) que funcionan no noso país. A coinci...

O FFoco explora os fluxos migratorios a través da fotografía documental

O festival de Fotografía da Coruña abre este venres a súa novena edición

  • Na súa novena edición que dará comezo este 24 de outubro, o Festival de Fotografía da Coruña FFoco, regresa á Fundación Luis Seoane cun programa expositivo que explora os fluxos migratorios no contexto actual, dende unha perspectiva intercultu...

'Mareas Vivas' fai de Laxe Lugar de Interese Cinematográfico

A vila engadiuse ao listado peninsular de espazos de valor no audiovisual

  • Laxe, a vila mariñeira situada no corazón da Costa da Morte, ven de incorporarse a lista de Lugares de Interese Cinematográfico (LIC) da península ibérica. O recente IXº Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península, celebrado en Ou...

Baldomero Iglesias lanza o primeiro volume do Catálogo do Cantar de Cego Galego

O Museo do Pobo galego acolle a presentación ás 19 horas deste 21 de outubro

  • Unha serie de ensaios a definir a figura das cegas e cegos cantores e unha proposta de catalogación dos xéneros que interpretaban. Esta é a proposta que realiza Baldomero Iglesias Mero no primeiro volume do seu Catálogo do Cantar de Cego Galego ....

Os servizos de normalización protagonizan os XXVII Encontros para a Normalización Lingüística

O Consello da Cultura Galega acolle a xornada, que se pode seguir en liña, este 21 de outubro

  • Considerados axentes fundamentais para o avance da lingua galega, os Servizos de Normalización Lingüística (SNL) e os Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) protagonizan a vixésima sétima edición dos Encontros para a Normalización Li...

A RAG traducirá ao galego as iniciativas lexislativas do Congreso

Un acordo de colaboración entre ambas institucións sitúa á Academia como referencia para o asesoramento lingüístico da Cámara baixa

  • O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, veñen de asinar un convenio de colaboración entre ambas as institucións centrado na formación, o coñecemento e a difusión da...

Premios Mulleres no Foco para Lucía Veiga, Beatriz Legerén e Silvia Fuentes

Os galardóns da Deputación de Pontevedra recoñecen o traballo feminino no audiovisual

  • As profesionais do audiovisual Beatriz Legerén, Lucía Veiga e Silvia Fuentes son as gañadoras da quinta edición dos premios Mulleres no Foco, entregados este venres no auditorio da sede de Afundación de Pontevedra. Un certame promovido pola Depu...

Lara Dopazo, Cuarteto Quiroga e o programa Apego, entre os gañadores dos Premios da Crítica de Galicia 2025

Celebráronse este sábado en Vigo

  • Este sábado foron fallados en Vigo os 48 Premios da Crítica de Galicia, que nesta edición 2025 congregaron a setenta persoas como xurado para celebrar a creación e produción cultural galega en diferentes categorías. En Creación Literaria, o ga...

Loita Amada volve reivindicando que 'Resistir é vencer'

O grupo da Estrada presenta o seu terceiro disco longo

  • Coa frase 'Resistir é vencer', atribuída ao socialista e presidente na segunda república Juan Negrín, titulan o seu novo traballo longo a formación Loita Amada. Este é o terceiro álbum da banda estradense liderada por Jásper (ex-NAO) e chega ...

Amorodio Teatro estrea 'Brazaletes' en Vimianzo

Santiago Cortegoso dirixe a Javier Castiñeira nesta montaxe sobre as reivindicacións da liberdade no mundo do fútbol

  • Este venres, 17 de outubro, o auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo acollerá unha preestrea exclusiva da nova montaxe da compañía Amorodio Teatro: 'Brazaletes'. Este espectáculo enfocado no mundo do fútbol revive un momento histórico, cando ...

O CGAC reflexiona sobre a imaxe e os seus límites en Percepción e incerteza

Obras de Joan Fontcuberta, Max de Esteban e Jaione Camborda compoñen a nova mostra do centro

  • Como "unha experiencia inmersiva que, desde a imaxe e os seus límites, propón reformular a tensión entre a percepción e a incerteza". Así define o CGAC Percepción e incerteza , a exposición que, desde o pasado 26 de setembro e ata o 8 de febre...

O Foro Un país coa súa lingua propón 96 medidas a prol do galego

A iniciativa do Consello da Cultura advirte que "faltan unhas condicións mínimas" para a normalización da nosa lingua

  • O Consello da Cultura Galega presentaba na mañá deste 16 de outubro as conclusións do foro participativo Un país coa súa lingua , que ao longo desde 2025 recolleu propostas para mellorar a situación do galego en diferentes áreas. O documento c...

A editorial Boulevar estréase cunha antoloxía poética de Emma Pedreira

A publicación de 'Inventaria. Antoloxía poética 1999-2009' abre o catálogo da libraría de Bueu

  • A libraría e editorial Boulevar de Bueu ven de iniciar o seu catálogo de publicacións propias sacando do prelo ' Inventaria. Antoloxía poética 1999-2009', unha recompilación bilingüe da obra poética de Emma Pedreira. Detrás deste novo proxec...

O circuíto estatal AIEnRUTa incluirá un foco galego con tres bandas por semestre

A Xunta asina un contrato de patrocinio que permite ter unha presenza garantida de músicos galegos

  • Kyr4, The Rapants, Boyanka Kostova, Eladio y Los Seres Queridos, Mad Martin Trio e De Ninghures son as bandas e artistas de Galicia que forman parte do cartel ata xuño de 2026 da programación de AIEnRUTa-Artistas, un consolidado circuíto de concer...

Marcha un imperio, volven os castros

As escavacións en san Tirso de Portocelo (Xove) amosan como os antigos castros foron reocupados ao final do Imperio

  • Un xacemento arqueolóxico habitado durante moito tempo adoita ser como as capas dunha cebola, con diferentes fases temporais que se van superpoñendo. No espectacular castro costeiro de Portocelo (Xove), o equipo arqueolóxico decidiu deter a interv...

O IV Encontro de Museoloxía ICOM reflexiona en Pontevedra sobre os almacéns dos museos

Celébrase no Museo de Pontevedra entre o 16 e 18 de outubro

  • O Museo de Pontevedra acolle a partir de mañá o IV Encontro de Museoloxía de ICOM, de carácter trienal, e que se celebrará baixo o título " Coleccións almacenadas: (re)definir e (re)organizar. O desafío da sustentabilidade medioambiental e so...

A Agadic reparte 300.000 euros para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais

Un total de 14 iniciativas resultaron beneficiadas nesta convocatoria

  • A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) daba a coñecer este 12 de outubro a resolución das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais. A liña apoia un total de 14 propostas presentadas por 12 produtoras diferentes. En...

O 'SiSONS Enclave Musical' volve favorecer o encontro entre a industria musical e a cidadanía

Entre o 15 e 0 18 de outubro ofrecerá en Santiago xornadas para profesionais e concertos abertos

  • A quinta edición do encontro SiSONS Enclave Musical, ofrecerá do 15 ao 18 de outubro en Santiago de Compostela catro xornadas de showcases, mesas profesionais e 12 concertos, moitos deles abertos ao público. Distintos espazos da capital galega aco...

Mofa & Befa encaixan nos traxes de 'Os dous de sempre' de Castelao

Este venres estréase en Rianxo a adaptación escénica destes personaxes baixo dirección de Quico Cadaval

  • Se alguén tiña que levar á escena a adaptación teatral de 'Os dous de sempre' de Daniel Rodríguez Castelao é de xustiza que sexan o dúo cómico máis veterano do noso sistema: Mofa E e Befa. E así será, este vindeiro venres, 17 de outubro te...