A editorial Boulevar estréase cunha antoloxía poética de Emma Pedreira

A publicación de 'Inventaria. Antoloxía poética 1999-2009' abre o catálogo da libraría de Bueu

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Imaxe promocional da publicación

Imaxe promocional da publicación

A libraría e editorial Boulevar de Bueu ven de iniciar o seu catálogo de publicacións propias sacando do prelo ' Inventaria. Antoloxía poética 1999-2009', unha recompilación bilingüe da obra poética de Emma Pedreira. Detrás deste novo proxecto de libraría e editorial presentado en abril está o político e concelleiro de Bueu Daniel Chapela, e Beatriz Pereira Expósito. Segundo explican desde a editora, está previsto que o seguinte lanzamento sexa unha edición das dúas obras narrativas da mesma autora e tamén en estará dispoñible en galego e en castelán. A libraría programa varias actividades de animación á lectura e acolle hoxe mesmo, 16 de outubro, a súa primeira presentación dun libro, co escritor Samuel Ferro para conversar sobre 'A queimada das ánimas', libro publicado tanto en galego como en castelán.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bueu, Emma Pedreira, Daniel Chapela, Animación

Claves

Conceptos
Lugares