A Xunta crea a Libraría Institucional de Galicia, un servizo de acceso público ao fondo editorial do goberno galego desde revistas, libros, folletos e todo tipo de publicacións da Administración autonómica, que será xestionado pola Consellería de Cultura. A ferramenta é de carácter público, polo que o conxunto da cidadanía terá garantido o acceso aos seus contidos e servizos a través do enderezo electrónico https://libraria.xunta.gal.
Nesta plataforma virtual tamén se centraliza a comercialización e distribución dos fondos. A día de hoxe, no catálogo xa están cargadas preto de 750 publicacións posteriores ao ano 2010 e ata actualidade. Porén, está previsto ir incorporando á plataforma todas as publicacións anteriores a 2010 das que existan exemplares para a súa distribución.
Ás publicacións gratuítas tan só se aplicarán gastos de transporte en caso de que se solicite o seu envío físico, e as publicacións venais (de pago) manterán o seu PVP. As persoas interesadas nunha publicación poderán realizar o pagamento a través do propio web ou a través do sistema de pagamento mediante transferencia bancaria.