A Xunta dispoñibiliza en aberto o dicionario de Ir Indo

As 65.000 entradas do volume pódense consultar de balde en liña

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Dicionario de Galego da editorial Ir Indo, considerado un dos máis completos na nosa lingua, pódese consultar desde hoxe de balde vía Internet. A Xunta de Galicia presentaba esta mañá Digalego, o web que permite o acceso sen límites a este traballo, que chega ao público da man dun acordo entre a Administración e a editora. Un total 65.000 temos, traducións a múltiples linguas ou etimoloxías están presentes no novo espazo. A iniciativa foi posible grazas a un acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que cedeu os dereitos do manual á Administración autonómica.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Internet, Educación, Consellería de Cultura...