Ir Indo pon na rede a Enciclopedia Galega Universal

A consulta será de balde cando menos ata o final do verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Desde as nove desta mañá está na rede a Enciclopedia Galega Universal (EGU). Segundo anunciou esta mañá Bieito Ledo, director da editorial Ir Indo, a obra pode consultarse de xeito gratuíto, cando menos ata depois do verán. Ledo recoñeceu que o apoio das Consellarías de Cultura e de Educación, e mais das Secretarías de Política Lingüística e de Emigración permitiu a apertura destes contidos. No entando, sinalou que os custes de actualización do proxecto fai que a editora busque novas fontes de financiamento para a obra. Entre os novos contidos da EGU hai contidos multimedia que o editor anuncia que se ampliarán nun futuro próximo. A editora retirara de Internet o mes pasado o seu Dicionario de Galego logo de que quedase deserta a convocatoria dun concurso público para apoiar este tipo de obras.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Política Lingüística, Educación, Internet