Unha enciclopedia a dous euros o volume. Esta é a proposta que fai “La Voz de Galicia para este outono”. Despois de revolucionar o mundo cultural do paÃs coa súa “Biblioteca 120” no pasado ano, o xornal ofrece o Diccionario Enciclopédico Galego Universal, unha obra de consulta accesible para todos e que se basea na Enciclopedia Galega Universal que Ir Indo aÃnda non rematou de publicar.
O Diccionario Enciclopédico Galego Universal. Sesenta volumes en tapa dura, con cento vinteoito páxinas cada un. O primeiro deles por só cincuenta céntimos, os demais a dous euros cada un en compañÃa de “La Voz de Galicia” os martes e os xoves. En total 7.680 páxinas, con 20.000 ilustracións a toda cor, que recollen unha coidada selección do saber universal desde unha óptica galega, ademais de abranguer información especÃfica sobre o paÃs. Isto quere dicir que desde grandes personaxes da historia universal ata os topónimos das nosas parroquias, todo ten cabida nesta obra, coa información máis actualizada. Un proxecto pioneiro en canto a difusión e contidos, xa que dentro de trinta semanas os seguidores deste proxecto posuirán a primeira enciclopedia completa deste tipo feita no noso paÃs.
O proxecto DEGU
A idea xurdiu en La Voz “coa intención de poñer a disposición do grande público e a un prezo moi acesible unha obra única na que se xuntan a perspectiva universal dunha gran enciclopedia e a visión galega do mundo”, sinala Tucho Calvo, coordinador de edicións de “La Voz de Galicia”. A comezos deste anos comezaron as negociacións con Ir Indo para ver as posibilidades de que o xornal ofrecese unha adaptación da Enciclopedia Galega Universal (EGU) que estaba a publicar esta editora desde 1999. “Isto parte dun equipo de xente que está traballando na EGU, da que xa estaban no mercado os oito primeiros tomos”, recoñece Tucho. “fÃxose unha adaptación deste formato, nós tratábamos de facer un proxecto máis accesible para todos e especialmente manexable para o ensino”. Só nove meses despois comezaba a publicación do Diccionario Enciclopédico Galego Universal, unha versión actualizada e resumida da EGU, realizada a partir da mesma base de datos e coa que comparte ilustracións e, en boa medida, deseño.
O lanzamento
O pasado domingo oitenta mil exemplares do primeiro volume do DEGU chegaban a quioscos e librerÃas de todo o paÃs acompañando “La Voz de Galicia”. “Ata dentro dun mes aproximadamente non saberemos exactamente as cifras de vendas”, apunta Rafael Sanguino, encargado de mercadotecnia no xornal, “pero sabemos que a aceptación foi moi boa e as estimacións son tamén bastante positivas”. De aquà en adiante axustarase a tirada de cara aos sesenta mil exemplares de cada número. A explicación do lanzamento destes volumes a un prezo tan baixo explÃcase, segundo Sanguino, “porque temos moi boa xente traballando en conseguir prezos baixos e, sobre todo, porque é unha aposta persoal do presidente de ‘La VozÂ’, igual que pasou coa Biblioteca 120”. Con este tipo de obras, segundo el, “non gañamos nada, máis ben investimos nelas. O que queremos é vencellar este producto coa venda do xornal, provocar a maior suba posible de difusión”. E en lugar de dar agasallos co xornal, invÃstese parte do custo de edición neste tipo de productos, que ao conseguir unhas vendas elevadas non supoñen unha grande carga económica para a empresa.
A situación da enciclopedia
Desde Ir Indo, pola súa banda, anuncian que a editora pretende continuar a publicación da Enciclopedia Galega Universal e rematar a obra dentro de dous anos. Finalmente serán dezaseis os volumes de 520 páxinas que a formarán, e non catorce como estaba previsto nun comezo. “Agora que estamos no tomo dez decatámonos de que se paramos en catorce non manterÃamos o mesmo rigor nin a mesma extensión no conxunto da obra” sinala Bieito Ledo, director de Ir Indo, que achaca estas modificacións “a non ter ningún referente estructural na nosa cultura” para facer unha obra coma esta. Para Ledo, o DEGU non prexudicará en absoluto á EGU, xa que, segundo el “o diccionario supuxo que se eramos arredor de trinta persoas traballando no proxecto hoxe sexamos cincuenta e unha”. Isto permitiu acelerar a base de datos común para o diccionario e a EGU e “fixo posible que antes de dous anos teñamos entregado o tomo dezaseis”.
Todo son vantaxes
Ademais de acelerar o traballo, Ledo está convencido de que o DEGU servirá para dar a coñecer o producto da súa editorial. “A experiencia que hai doutras culturas é que o pode potenciar. Poñendo o sÃmil é coma que ten na casa un seiscentos ou un utilitario pequeno e o que ten un mercedes ou un coche de alta cilindrada. Hai xente que só pode ter o pequeno, pero hai outra xente que prefire ter os dous porque os dous son moi útiles en canto hai varios membros na familia”, sinala. Deste xeito, o público que despois de coñecer o DEGU queira acceder a unha obra máis completa ou aquel que non rematou a colección de “La Voz de Galicia” e queira ter unha enciclopedia universal en galego serÃan novos clientes potenciais para Ir Indo. “As diferencias entre os dous productos son moi grandes”, insiste Ledo, “un é un diccionario enciclopédico útil e elemental, de grande calidade e para o grande público, mentres que a EGU é unha obra moito mais rigorosa e máis ampla, todo o mundo pode pasar as follas e ver que as diferencias son brutais”. Unha diferencias que chegan tamén ao terreo económico. A EGU só se pode mercar por subscrición e o seu prezo rolda os mil oitocentos euros, mentres que a colección completa do DEGU custa pouco máis de 118 euros, mais os sesenta euros que custan os xornais que a acompañan. Os camiños están abertos, e se ata o de agora non existÃa en galego ningunha enciclopedia de carácter universal, agora temos dous productos, de diferente gama, para escoller.