Edicións A Nosa Terra lanza novo sitio web con acceso ao seu catálogo

A edición infantil e xuvenil ten un tratamento especial dentro do sitio

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A editorial A Nosa Terra ven de avanzar significativamente no que é a súa presenza na rede coa presentación dun novo sitio web. A través da rede será posible xa acceder ao catálogo enteiro desta consolidada editorial, obtendo información a través das buscas por obras, autores e coleccións. A plataforma tamén ofrece tamén un tratamento especial e diferenciado ás coleccións infantís e xuvenís da editorial, con accesos directos ás obras de Os Bolechas e Os Megatoxos, así como un catálogo educativo que presenta os libros editados a través do Consorcio Editorial Galego. A posibilidade de mercar directamente os libros tamén existe, ademais dun acceso á situación da libraría máis próxima onde poder velos e mercalos en man. Unha canle de noticias relacionada cos contidos dixitais ou semanais da revista A Nosa Terra e un Blogclube completan a oferta do novo sitio web.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Nosa Terra

Claves

Entidades