As editoras abren catálogos e contidos durante a crise do coronavirus

Varias editoras ofrecen libros descargables

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Editora Uruatu, cun catálogo de libros galegos e doutros países da lusofonía, está a abrir unha programación especial co gallo do confinamento. Ademáis de presentacións no instagram da editora, ofrece o seu catálogo de libros electrónicos de maneira gratuíta. Para poder conseguilos, cómpre poñerse en contacto coa editora a través dun formulario do seu web. Pola súa banda, Baía Edicións, que non está realizando envíos a domicilio dos seus libros, puxo na rede toda unha serie de publicacións para público infantil e xuvenil de descarga de balde. Por outra banda, Edicións Xerais, que aprazou o prazo de envío de orixinais para os seus premios de 2020 e non dará novas datas ata "recuperada a normalidade", está a promover a lectura de capítulos por parte dos autores da editorial a través de vídeos en liña etiquetados con #envozpropia #librosxerais #literaturagalega #quedanacasa.

Amador Castro le o inicio de Shangai a Barcelona, premio Xerais 2019:
Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Twitter, Instagram, Lusofonía, Baía Edicións...