14 editoras galegas están presentes en Boloña

Presentarán un catálogo colectivo para fomentar a distribución internacional da literatura infantil e xuvenil galegas

20/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un ano máis, as editoras galegas estarán presentes na Feira do Libro de Boloña, o principal evento internacional profesional ao redor do libro infantil e xuvenil. A Consellería de Cultura dispón dun stand 'paraugas' onde estarán presentes Biblos Clube, Baía Edicións, Edicións Embora, Editorial Galaxia, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, OQO Editora, Ouvirmos e Toxosoutos e Edicións Xerais de Galicia. Pero varias editoras galegas disporán tamén de espazo propio: Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións e OQO Editora, e tamén se desprazarán a Boloña editores do Consorcio Editorial Galego. O 20 de marzo presentarase o catálogo Galician Books for Children & Young Adults, unha publicación elaborada por GALIX e patrocinada pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito