Ouvirmos, BaÃa Edicións, OQO e Hércules participan no marco do espazo institucional que presentan a Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores(AGE). Canda elas estrán tamén Galaxia, Everest Galicia, Trifolium e Biblos Clube de Lectores. Asisten Kalandraka e Nova Galicia Edicións, pero fano cun espazo propio na feira. O encontor, que ten lugar do 25 ao 28 de marzo é unha das citas de referencia para a literatura infantil e xuvenil. Alén do material propio de cada entidade, levarán o Galician Books for Children & Young Adults 2013un catálogo que recolle as 144 novidade que tiraron 40 editoras galegas en 2012.
A presenza en Boloña fai parte da liña de traballo da Xunta de Galicia (en colaboración coa da Asociación Galega de Editores) na proxección exterior do sector editorial galego. Neste ano, alén das citas ás que se asistiu en 2012 como Boloña, Guadalaxara e Bos Aires, a industria editorial galega tamén estará na Feira Internacional do Libro de Frankfurt.