Preséntase o catálogo de Literatura Infantil e Xuvenil 2013

As editoras galegas publicaron 144 títulos para este público no ultimo ano

22/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Galega para o Libro Infantil e Xuvenil, Galix, en colaboración coa Asociación Galega de Editores e mais a Consellaría de Cultura, presentaba esta mañá o Galician Books for Children & Young Adults 2013. Este catálogo recolle as 144 novidade que tiraron 40 editoras galegas para os máis novos ao longo do pasado ano. O volume, do que se editaron 500 copias e que estará tamén dispoñible na rede, será a carta de presentación das firmas e mais dos autores do país en feiras internacionais como as de Boloña, que se celebra entre os vindeiros días 25 e 28, Bos Aires, Guadalaxara ou Frankfurt, que se reincorpora ao calendario internacinal dos editores galegos, entre outras citas internacionais.

Segundo destacou Francisco Castro, de Galix, o proxecto achega sinopses en tres linguas e ilustracións de cada unha das obras, así como o contacto tanto dos editores como dos autores. Pola súa banda, Manuel Bragado, da Asociación Galega de Editores, destacou a importancia da LIX no mercado galego, que supón o 20% das vendas das editoras, apuntando o éxito internacional do álbum ilustrador e a aposta crecente pola banda deseñada entre os editores do país.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Literatura, LIX, Asociación Galega de Editores...