A literatura infantil e xuvenil tirou 118 títulos en 2011

A Xunta e GALIX editan o catálogo coa produción do ano en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Capa de Galician Books for Children & Young Adults 2012

Capa de Galician Books for Children & Young Adults 2012

A Consellaría de Cultura e mais a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil presentaron onte o catálogo Galician Books for Children and Young Adults 2012. A publicación recolle un total de 118 títulos ao longo do pasado ano, achgando os datos de edición, a editora e unha sinopse en castelán, inglés e galego. A obra está pensada fundamentalmente para se difundir na vindeira Feira do Libro de Boloña e facilitar os contactos internacionais das editoras do país.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Feira do Libro, Boloña

Claves

Lugares