A Xunta e Gálix presentan o Catálogo de Libros Infantís e Xuvenís de Galicia 2019

O volume, que recolle unha produción de 120 títulos, distribuirase na Feira Internacional de Boloña

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Xunta e Gálix presentan o Catálogo de Libros Infantís e Xuvenís de Galicia 2019

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e mais a Consellaría de Cultura presentaban o pasado venres en Lugo o Catálogo de Libros Infantís e Xuvenís de Galicia 2019, que se publica co apoio da Asociación Galega de Editoras. O volume recolle un total 120 títulos de editoriais como Galaxia, Xerais, Bululú, Hércules de Ediciones, Kalandraka, Rodeira–Grupo Edebé ou OQO editora publicados no último ano para estes públicos. O volume, dispoñible na rede, conta cunha edición en galego, castelán e inglés, e unha tiraxe física de 300 exemplares. A Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña, entre o 1 e o 4 de abril, será a primeira cita na que se distribuirá este catálogo a editoras e profesionais do sector.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con GÁLIX, Feira, Boloña, Bululú...