
Arredor desta efeméride, hoxe comeza a Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, onde se concentran dezaseis editoras e unha selección ilustradores e ilustradoras do paÃs. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración leva a este evento internacional o seu catálogo Novas olladas sobre os clásicos universais. Canda a isto , unha exposición amosará o traballo de varios creadores neste campo.
A editorial Kalandraka pola súa banda conmemorou a data, que é tamén a do seu aniversario, cunha edición especial da obra Ganapán das palabras, de Pepe Cáccamo e MarÃa Xosé Fernández, que viu a luz por vez primeira en 1998, ano de fundación da firma.