Chega á rede o Catálogo de libros infantís e xuvenís de Galicia 2024

A Asociación Galega de Editoras publicou o seu propio catálogo de obras para estes públicos

12/4/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
46 lecturas | Compartido 0 veces

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) acaba de publicar no seu web a edición 2024 do Catálogo de libros infantís e xuvenís de Galicia, obra que compila as publicacións realizadas no noso país para estes públicos ao longo do último ano. O catálogo que desenvolve este colectivo en colaboración coa Consellería de Cultura recolle en galego, inglés e castelán fichas 143 títulos que viron a luz da man dunha vintena de editoras do país.
A publicación, que está dispoñible na rede para o público xeral, dá conta da produción galega neste ámbito, emprégase para promover a venda de dereitos destas obras a outras editoras en feiras internacionais. A de Boloña, especializada en libros para os públicos máis novos, supuxo a estrea do catálogo no comezo deste mes de abril.

Tamén en Boloña a Asociación Galega de Editoras (AGE), que acudiu cun posto propio e non participou do da Xunta de Galicia, presentou o seu propio catálogo neste ámbito. Galician Books. Foreign Rights Catalogue, tamén dispoñible en liña, recolle información sobre setenta títulos en inglés con vistas á venda de dereitos por parte das editoras que participaron no encontro baixo o paraugas da AGE.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego