As editoras galegas que traballan no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil publicaron durante 2021 un total de 157 tÃtulos, 79 máis do que no ano anterior. Ademais, o número de editoras con actividade neste campo subiu en nove. Asà o recolle o Catálogo de Libros InfantÃs e XuvenÃs de Galicia 2022, que a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e a Xunta de Galicia presentaban este 22 de marzo.
A obra, que xa está dispoñible na rede, recolle a totalidade da produción de LIX galega no pasado ano, e servirá como ferramenta de promoción deste sector nas catro feiras internacionais do libro nas que estará presente Galicia, logo de pasar pola de Boloña, celebrada ao longo desta semana.
Segundo apunta Xosé Antonio Perozo, presidente de Gálix, no texto de presentación da obra, nos últimos anos "os álbums, os libros infantÃs e xuvenÃs salvaron as contas de resultados de moitas editoras importantes que antes non lles prestaban atención" e sinala que, logo dun tempo marcado pola pandemia de Covid-19, "a vitalidade e puxanza crecente da LIX galega, que se amosaba contra o ano 2019 como imparable, parece iniciar o camiño da recuperación", tal e como indican as cifras recollidas no catálogo.