Dispoñible na rede o catálogo Libros Infantís e Xuvenís de Galicia 2023

A publicación coordinada por Gálix repasa en 156 páxinas a produción neste ámbito no último ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Dispoñible na rede o catálogo Libros Infantís e Xuvenís de Galicia 2023

O volume que servirá para promocionar a produción galega de Literatura Infantil e Xuvenil en feiras internacionais está xa dispoñible para a súa descarga na rede. O catálogo Libros Infantís e Xuvenís de Galicia 2023 pode atoparse no web de GÁLIX, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil e conta con 156 páxinas que dan conta dos preto de 130 títulos que se publicaron ao longo do último ano neste ámbito. Ademais, o volume achega un directorio de 22 editoras que contan con liñas dirixidas a estes públicos.

Na introdución á obra Xosé Antonio Perozo, presidente de GÁLIX, apunta que o sector recuperou a normalidade ao longo do último ano logo dos efectos da pandemia de COVID-19. Para alén de salientar "a tendencia a ler máis en todas as franxas de idade", apunta tamén que "están emerxendo produtos culturais insospeitados na normalidade cotiá. Semella que a creatividade se disparou entre as catro paredes da soidade" provocada polo confinamento de 2020. "O resultado, no noso territorio libreiro de literatura infantil e xuvenil, son publicacións dunha calidade e orixinalidade extraordinarias, ademais do aumento en cantidade e no bo facer, á marxe das urxencias dos tempos fixados polas esixencias editoras, de conmemoracións, de calendarios educativos...", destaca. O volume ve a luz co apoio da Consellería de Cultura.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con GÁLIX, Literatura, Xosé Antonio Perozo, Covid...

Claves

Protagonistas
Conceptos