Sete editoras participan na Feira do Libro de Boloña

Cúmprense as vodas de prata da presenza galega nese encontro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O recinto feiral da Piazza Costituzione de Boloña acolle ata o 27 de marzo a súa popular feira do libro. Unha cita de referencia a nivel europeo á que o sector editorial galego leva asistindo 25 anos. Nesta ocasión levarán os seus últimos traballos Baía Edicións, Editorial Nova Galicia, Biblos Clube de Lectores, Editorial Galaxia, Edicións Xerais, OQO Editora e mais Kalandraka Editora. Asisten coa presenza da Xunta de Galicia, a través da secretaría xeral de Cultura que tamén colabora na edición do novo catálogo de libros infantís e xuvenís de Galicia que realizou Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) en edición trilingüe.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira do Libro, Boloña, Biblos, OQO...