Autoras galegas e irlandesas colaboran nunha antoloxía poética

O recital de presentación é hoxe venres na compostelá libraría Couceiro, ás 19:00 h.

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Portada do libro

Portada do libro

A Libraría Couceiro de Compostela acollerá hoxe, 1 de outubro, ás 19:00, a presentación galega dunha antoloxía poética moi especial: escritoras contemporáneas galegas e irlandesas presentarán To the Winds our Sails: Irish writers translate Galician Poetry. Trátase dunha antoloxía de dez poetas galegas de diferentes xeracións que seleccionaron poemas para a súa tradución, por parte de escritoras irlandesas. O libro foi editado pola profesora da USC Manuela Palacios e a poeta irlandesa Mary O´Donnell e publicado en Dublín por Salmon Poetry.

Na presentación realizarase un recital no que participarán Luz Pozo Garza, Mary O'Donnel, Ana Romaní, Maurice Harmon, Chus Pato, Lorna Shaughnessy, Marilar Aleixandre, Xiana Arias, Luz Pichel, María Lado e María do Cebreiro.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O desembarco inglés

O desembarco inglés

A presenza da literatura galega na lingua de Shakespeare multiplicouse no último ano

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, USC, María do Cebreiro, Luz Pozo Garza...