Un inmoble de seis plantas acolle a nova etapa da Libraría Couceiro en Compostela

Couceiro versión 4.0

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Grazas á restauración levada a cabo polo arquitecto Iago Seara dunha casa en ruínas na Praza de Cervantes a libraría creada por Xesús Couceiro en 1969 na Rúa de San Pedro vivirá unha segunda xuventude. Neste inmoble ofrecerán arredor de trinta mil volumes ademais de actividades literarias e un obradoiro de encadernación. O vindeiro luns, 23 de xullo, abrirá oficialmente as súas portas cunha inauguración na que participará o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o Director Xeral de Creación e Difusión Cultura, Luís Bará. Na presentación hoxe aos medios de comunicación das novas dependencias María Couceiro quixo aproveitar para transmitir a invitación a achegarse ese día a todos os clientes e amigos da libraría. Na inauguración agasallarase a todo o mundo cun exemplar non-venal do libro “De Breogán aos pinos”, de Manuel Ferreiro, editado pola libraría para o evento.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O cerne dos libros

O cerne dos libros

A Libraría Couceiro recupera un selo editorial para editar primeiras edicións

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Iago Seara, Luís Bará, Manuel Ferreiro, Ramón Villares...