O 9 de marzo de 1969 abría as súas portas no número 61 da santiaguesa Rúa de San Pedro a Libraría Couceiro, este sábado celebra en plena actividade o seu 50 aniversario, unha efeméride case impensable hoxe para o sector libreiro. A celebración dos seus " 50 anos de soños" comezará nese día pero durará o resto do mes e incluirá numerosas actividades e un 5% de desconto en todo o fondo do establecemento ao longo de marzo. A Libraría Couceiro presume de ser hoxe en dia, o establecemento con mais tradición na venda de libro galego. Especializados en libro galego e portugués iniciaron esta liña con forza en 1975 cando se trasladaron ao que sería o local onde creceron como empresa na rúa República de El Salvador, seguindo alí asentados en 1982 abriron libraría tamén na cidade da Coruña, posteriormente unha tenda dedicada ao libro vello e, xa en 2007 pecharon as outras dúas tendas de Santiago para instalarse en pleno casco histórico de Santiago, ao rehabilitando para iso exemplarmente un edificio enteiro na praza de Cervantes, onde seguen actualmente sendo un dos centros indiscutibles da actividade cultural da capital galega.
A xornada do sábado será especialmente festiva e musical reunindo aos numerosos amigos e clientes con varias actuacións que, de permitilo o tempo, se celebraran na propia Praza de Cervantes compartindo co resto da cidade a celebración. Os actos comezarán ás 12:15 do mediodía cunha salva de Vivas e atranque ao cargo das Generalinhas da Semente e posteriormente actuará a formación musical De Ninghures ás 12:45. A Sesión vermú a pechará a actuación de Os Tres Pés, un novo proxecto no que conflúen Leo i Arremecaghona, Roberto Sobrado e Xosé Constenla. Ás seis do serán comezarán dúas sesións de narradores orais con Celso Sanmartín e Soledad Felloza co que se pechará unha xornada moi especial para a libraría. Ao longo do mes Couceiro manterá un extenso programa de actividades, alén do que xa é habitual na libraría, como encontros de escritores con alumnos de centros educativos de toda Galicia ("Libros: lectura e escritura en primeira persoa"), unha xornada aberta ó público dun obradoiro de escritura, etc.