Chan da Pólvora presenta unha antoloxía poética de Luísa Villalta

Eva Veiga e Pilar Pallarés correron coa selección e o prólogo da obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Chan da Pólvora presenta unha antoloxía poética de Luísa Villalta

Co título Así vou eu, formando parte, a editorial Chan da Pólvora acaba de tirar do prelo unha antoloxía de poemas da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. Segundo explica a editora, a obra "non é só unha antoloxía que percorre a obra de Luísa Villalta para amosar as súas vertentes máis intensas, senón tamén un cofre que contén inesperados tesouros".

Deste xeito, os 67 poemas recollidos propoñen, segundo a presentación da editora, "unha secuencia de lectura nova sobre a poesía rebelde" da poeta "e, ao mesmo tempo, unha mirada documental sobre os seus procesos de liberdade creadora".

As tamén poetas Eva Veiga e Pilar Pallarés correron co traballo de selección e edición da obra, un proxecto que se iniciou de xeito previo á elección da homenaxeada para a efeméride da Real Academia Galega. As dúas antólogas asinan na obra cadanseu texto no que "analizan, de maneira singularizada, os poemarios de Villalta ou despexan nun marco teórico a súa pulsión creadora". Os textos compleméntanse con pezas documentais da autora que "axudan a comprender as raíces da súa obra".

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luísa Villalta, Chan da Pólvora, Eva Veiga, Pilar Pallarés...