Quiosco: Salghadoiro nº3

A revista de cultura atlántica presenta este venres a súa terceira entrega semestral

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeQuiosco
Compartir:
Quiosco: Salghadoiro nº3

Este venres á tarde, na Galería Besada de O Grove terá lugar a presentación do terceiro número da revista semestral Salghadoiro. A publicación meca volve centrarse no talento creativo grovense nas artes plásticas, a literatura o deseño ou as artes escénicas e musicais para ocupar as súas oitenta páxinas.

A portada é obra do artista Nekro, que comparte páxinas con outros protagonistas como o artesán José Dávila, a ilustradora Laura Meis, a actriz Belén Constenla, o artista Iago Fontoira, ou a banda Nadadora. Proxectos artísticos como o da viguesa Nai Deseños e as coruñesas Anaquiños de Papel, tamén atopan lugar nestas páxinas que, sobre todo manteñen a súa intención de reflectir o potencial da cultura atlántica. Algunhas das reportaxes veñen acompañadas de contido audible en formato podcast que se pode escoitar na canle de Salghadoiro na plataforma Spotify, que a día de hoxe conta xa con once episodios. A presentación terá lugar ás sete e media da tarde na Galería Besada. A revista estará á venda na localidade a un prezo de oito euros no Espazo Lector Nobel e na Galería Besada. A súa distribución comeza a expandirse pola xeografía galega, polo que tamén pode adquirirse na Libraría Paz en Pontevedra, en A Reixa en Santiago de Compostela, no Monty Ambigú en A Coruña e na Galería Maraca en Vigo.

Que che parece esta nova?
458 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Erregueté 105

Quiosco: Erregueté 105

A Revista Galega de Teatro presentou o seu número semestral e o cuarto volume de dramaturxias

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Belén Constenla, Xeografía, Nobel...