Quiosco: Salghadoiro Nº2

A revista meca presenta un novo número dando presenza ao talento na costa atlántica

A revista meca presenta un novo número dando presenza ao talento na costa atlántica
O segundo número da revista Salghadoiro preséntase hoxe en Santiago de Compostela no espazo de Casa RIA ás 18:00 horas. Trátase dunha revista en papel, de contido eminentemente creativo e carácter semestral e coa que pretenden traspasar fronteiras, xa que os seus contidos e distribución está previsto que abarquen parte da costa atlántica galega e do norte de Portugal. A publicación, de selo meco, naceu o pasado mes de decembro no Grove, da man dun multidisciplinar equipo composto por Carlos Álvarez, Míriam Barral, Leticia Castro, Víctor Gallego, Andrea Menéndez e Lino Prieto, procurando visibilizar o talento creativo existente na costa atlántica galega. O seu nome é toda unha declaración de intencións, poñendo o acento na fala característica destas zonas e na tradición conserveira, aínda que desta vez do que se trata, segundo din, e de conservar o talento mediante o papel.

Esta segunda entrega conta con protagonistas como a actriz Atenea García, o proxecto Ruxe, e gardan un oco para homenaxear ao desaparecido escritor e investigador Luis Rei, fiel defensor da cultura marítima tradicional, como contidos da casa. Mais cumpran o obxectivo de desprazarse fóra do Grove para dar a coñecer a outros talentos como Marta Verde, artista dixital pontevedresa e unha das visualistas máis recoñecidas do panorama español, portada deste número. Salientan a importancia de proxectos artesanais como o de Frouma Atlantic Wood, con base en Ribeira, ou Proxecto Bolina en A Guarda. A sección musical é esta vez para os The Rapants, e nas artes plásticas Sebas Anxo, cuxa mostra pode verse na Galería Besada, e David Brey tamén amosan o seu talento. O Sanatorio, de Pontevedra, aparece como espazo creativo. O traballo da poeta Tamara Andrés, e un artigo de opinión de Laura A’Parrula, completan os contidos deste número, unhas oitenta páxinas.

Aínda que a revista non ten propiamente soporte dixital, a publicación conta con contido sonoro a través de podcasts en varias da súas seccións, coas conversas ampliadas que poden escoitarse escaneando os códigos QR que se atopan no interior da revista. A revista é un proxecto feito realidade nestes momentos grazas á confianza e apoio de Artesanía de Galicia, Bodegas Attis e Grupo Finsa, cuxo sostén económico