No marco da recente Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentouse o máis recente número da Erregueté Revista Galega de Teatro. O exemplar 105 desta prestixiosa publicación especializada corresponde co primeiro semestre deste ano no que a revista cumpre o seu 40 aniversario, o mesmo que a Mostra. O foco principal da revista, editada en papel e a toda cor pola Asociación Cultural Entre Bambalinas, continúan a ser os espectáculos galegos de artes escénicas, independentemente do seu formato, xénero ou modalidade escénica.
Non obstante, a revista non só dá conta do que acontece enriba dos escenarios coa súa nutrida sección de espectáculos, senón tamén do que se move ao redor deles, en seccións específicas como a de "Danza e artes do movemento", na que saen dous artigos, un titulado 'Idadismo e cuestións xeracionais na danza galega'; e o outro 'Por que danza?' sobre distribución, realizado por Lilian Portela. A sección de "Artes circenses" con 'A aventura do circo de carpa. Entrevista a Xandre Vázquez'. A sección de "Maxia e ilusionismo" con "Entrevista a Lore Lavand". A sección "Monicreques e teatro de obxectos" con 'Entrevista a Elvia Mante. Mulleres na arte dos títeres'. A sección "Escena aberta" na que aparecen traballos sobre os 50 anos de Abrente, cunha entrevista a Roberto Pascual; unha crónica do 4X4 Petite de Vigocultura; un artigo titulado 'Colaboración do sector produtivo e o creativo'; unha entrevista á gañadora da segunda bolsa de dramaturxia do CDG, Ana Abad de Larriva, e a Irene Moreira, que vai levar a escena o texto gañador da bolsa; as 40 edicións da MITCF de Cangas; e unha crónica do Galicia Escena Pro 2023. A sección de Libros, na que se recensionan "Chévere. 35 anos de axitación cultural" de Chévere, "Antoloxía do teatro galego" de Cena Lusófona, Profetas de Ernesto Is, e "As alumnas" de Paula Carballeira. A sección "Actualidade AISGE" que nos achega á figura do actor ferrolán de adopción Javier Gutiérrez. E a sección Proscenio, na que podemos encontrar unha entrevista co núcleo do Teatro Ensalle de Vigo, que cumpre 20 anos, converténdose na sala independente galega máis lonxeva; e un artigo titulado 'A situación da narración oral en Galicia. Entrevista a Soledad Felloza'.
Colaboran no novo número da revista, escribindo, Ana Abad de Larriva, María Armesto, Afonso Becerra, Alberte Bello, Alba Blanco, Comba Campoi, Julia Canay, Esther F. Carrodeguas, Iván Fernández, Henrique Harguindey, Ernesto Is, Javier Lojo, Inma López Silva, María Move, Nieves Neira Roca, Roberto Pascual, Lilian Portela, Anna R. Figueiredo, ê Ariel Q. Sesar, Mila Valcárcel e Roi Vidal Ponte.
Cuarto volume de dramaturxia
Ademais, o número 105 da revista vén acompañado do cuarto volume de dramaturxia actual, que publica dúas pezas de Gustavo del Río, pioneiras tematicamente no teatro galego: HUGO, protagonizada por un cativo que ten un trastorno do espectro autista, que gañou en 2022 tres premios ao Mellor Espectáculo, escenificada polo propio autor coa súa compañía Os Náufragos Teatro. Nos María Casares levou o Premio ao Mellor Espectáculo Infantil e tamén gañou o de FETEN e o de Galicia Escena Pro dese ano. A outra peza é Mosca, estreada en 2023 por Ártika Cía. coa dirección do propio autor, Gustavo del Río, que trata sobre o acoso escolar e a homofobia. A erregueté tamén publica 'O can' de Lluïsa Cunillé Salgado, a peza coa que gañou o prestixioso Premi Born de Teatre de 2022 do Cercle Artístic de Ciutadella (Menorca), nunha tradución ao galego de Afonso Becerra.