O FFoco explora os fluxos migratorios a través da fotografía documental

O festival de Fotografía da Coruña abre este venres a súa novena edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O FFoco explora os fluxos migratorios a través da fotografía documental

Na súa novena edición que dará comezo este 24 de outubro, o Festival de Fotografía da Coruña FFoco, regresa á Fundación Luis Seoane cun programa expositivo que explora os fluxos migratorios no contexto actual, dende unha perspectiva intercultural. Ademais diso o festival inclúe un programa de actividades con obradoiros, proxeccións, visitas guiadas, presentacións de fotolibros e encontros, reforzando a súa presenza en espazos como o Mercado de San Agustín, onde terán lugar moitas destas actividades. FFoco consolidouse como un escaparate de referencia para coñecer e amosar o estado actual da fotografía documental en Galicia.

Entre os artistas representados no programa hai moitos deles galegos, que presentan exposicións, traballos audiovisuais ou publicacións. É o caso de Damián Ucieda Cortés (A Coruña, 1980); Sabela Eiriz (Lugo, 1991); Carlos Folgoso Sueiro (Verín, 1982); Iván Nespereira (Ourense, 1978); Miguel Auria (Ourense, 1985) ou o colectivo Cadela Negra é formado por Antonio Cortés e Lois Cid. Noutros casos trátase artistas de orixe estranxeira pero algúns deles moi vencellados á cidade como Andrea Ratto (Xénova, Italia, 1976), que vive na Coruña desde 2005 ou Maider Jiménez (Vitoria-Gasteiz, 1982) vencellada con Ferrol desde a súa nenez.

Que che parece esta nova?
145 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Documental, A Coruña, Sabela...