O Festival FFOCO de FotografÃa inicia este 6 de novembro a súa nova edición na Coruña. Malia ás novas restricións por mor da situación sanitaria, a organización do evento sinala que continuarán coa actividade adaptada a desenvolver visitas virtuais, encontros dixitais ou entrevistas cos autores. Deste xeito, o acto de apertura, previsto para o venres 6 de novembro, retransmitirase a través do Facebook do festival, que acollerá tamén o resto de retransmisóns previstas. Continúan tamén as seis exposicións programadas na Fundación Seoane, cun limite de asistencia de trinta persoas.
Bloop, que achega por vez primeira a Galicia este traballo de MarÃa Moldes, Karakaskuartaykinta. Andata e Ritorno do venezolano Paolo Gasparini, Radical / Papel de Xosé Lois Gutiérrez FaÃlde, Rosendo Cid, Iván Nespereira e Misha Bies Golas; O novo normal: A Coruña de Javier Quiroga e Montealto de Jesús Caballero Varela poderán verse ata o vindeiro 8 de decembro. A estas súmase O piano pola xanela, de Xosé Castro "Pepucho" e Óscar Paris é o primeiro proxecto conxunto dos dous creadores, pai e fillo, co que achegan "unha crónica visual do desaparecido barrio do Papagaio, realizada entre os anos 1960 e 2002".
En canto ás proxeccións previstas, a pandemia revélase como protagonista. Nas mesmas, Deebo Barreiro "retrata a identidade sexual que cada persoa constrúe, confinada ou non, no seu espazo doméstico"; Simone Mestra aborda a Noite de San Xoán; Jacobo Ameneiro recompila as imaxes dun proxecto colectivo desenvolvido de maneira paralela á pandemia mentre os fotoxornalistas Óscar Corral, Mónica Ferreirós, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Miguel Muñiz e Miguel Riopa documentan a evolución do covid en Galicia. Isra Cubillo, pola súa banda, homenaxea co seu traballo "ao público das barras de bar, agora medio baleiras".