
Dende o venres 15 de novembro e ata o domingo 8 de decembro converxerán sobre parede o particular relato visual de Tono Arias sobre o Entroido, o impacto do medio rural na mirada conxunta do Colectivo Juan Nadie, e as imaxes escenificadas de David Barreiro, que invitan a reflexionar sobre aspectos como a performatividade masculina en determinadas contornas laborais. Completan a proposta expositiva quince fotógrafas presentes na Colección Alterarte, que cuestionan nas súas obras os roles femininos socialmente asignados. Elas son Lidia Alonso, MarÃa Covadonga Barreiro, MarÃa Blanco, Mónica Cabo, Mar Caldas, Marta Cerviño, Olaia Fernández, Julia Ferradás, Melania Freire, Maya Kapouski, Anna Katarina Martin, Sheila Pazos, Ana Pérez-Quiroga, MarÃa Prada e Sara Sapetti. Entre outras actividades participativas, a programación do festival tamén inclúe un percorrido fotográfico pola Cidade Vella guiado por Rubén Panete; o obradoiro de retrato con cámara de grande formato impartido por Óscar Gorriz e Samuel Ortiz; a conversa coas fotoxornalistas Patricia Gago e Vanessa Casteleiro e a presentación do proxecto inclusivo Nós, Why Not?, primeira axencia de fotógrafos con discapacidade intelectual.
Un ano máis, a completa programación de FFoco cumpre asà cun dobre obxectivo: impulsa a creación fotográfica con especial atención a autores locais, achegando as súas propostas a novos públicos; e constrúe de maneira conxunta un relato visual plural e novo sobre Galicia, alonxado de clichés e lugares comúns. Un concerto porá o punto final ao festival e chegará da man de Sara Lorenzo (voz), Pablo Añón Lijó (ventos e arranxos musicais), Alejandro González (piano), Pablo Alvarado (baixo) e José Luis Ducid (recitados). Xuntos presentarán El Faro del Adiós, unha suma de textos e cancións do propio Ducid, artista porteño afincado na Coruña.