O Museo Etnolóxico de Ribadavia percorre a vida e obra de Chamoso Lamas

A exposición recolle a contribución do historiador á defensa do patrimonio arqueolóxico e histórico

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
O Museo Etnolóxico de Ribadavia percorre a vida e obra de Chamoso Lamas

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle desde hoxe a exposición "Manuel Chamoso Lamas na mirada", que ofrece un percorrido gráfico pola vida e traballos deste historiador e arqueólogo decisivo para comprender a xestión, investigación e protección do patrimonio cultural durante o franquismo. A exposición foi elaborada polo Centro de Estudios Chamoso Lamas e o IES Manuel Chamoso Lamas e componse de trinta paneis con fotografías de escavacións arqueolóxicas e diferentes espazos patrimoniais das comarcas do Carballiño e do Ribeiro nas que Chamoso Lamas tivo unha intervención decisiva como Comisario do servizo de defensa do patrimonio artístico, e como personalidade vinculada a diferentes institucións e entidades. A exposición inaugúrase hoxe.

Que che parece esta nova?
253 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O pai do patrimonio

O pai do patrimonio

Actividades na Coruña recuperan a figura de Manuel Chamoso Lamas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Etnolóxico de Ribadavia, Manuel Chamoso Lamas, Arqueoloxía

Claves

Protagonistas
Conceptos