ParecerÃa un argumento digno dun filme, pero foi real, cando menos na documentación. En 1946, Manuel Chamoso Lamas, responsable da protección do patrimonio cultural galego durante a ditadura franquista, redactou un plan secreto con medidas de protección do enorme tesouro artÃstico e cultural de Compostela no caso de producirse unha guerra. Chamoso propuxo dúas ideas hoxe chamativas: a evacuación do tesouro artÃstico compostelán ao mosteiro lugués de Samos e a declaración de "cidade aberta" para evitar os bombardeos inimigos. As dúas ideas atoparÃanse co bloqueo do exército.
Esta serie documental foi localizada polo historiador da arte Francisco Prado-Vilar, durante o proceso de investigación documental dos avatares das esculturas de Ezequiel e XeremÃas, as dúas esculturas hoxe en mans da familia Franco e que o concello de Santiago de Compostela reclama como propiedade municipal. Francisco Prado-Vilar publicou un extenso especial no web do Consello da Cultura Galega titulado "Os profetas do Pórtico da Gloria e a cultura galega: unha viaxe que non cesa", no que revela a complexa biografÃa destas obras de arte ao longo do século XX e a implicación de notables intelectuais do paÃs por conseguir que pasaran a patrimonio público. No proceso de investigación apareceu numeroso material inédito, e entre el, esta historia fascinante que ten por protagonista a Manuel Chamoso Lamas.
Manuel Chamoso Lamas é unha figura fundamental do patrimonio cultural galego do século XX. Doutor en FilosofÃa e Letras e Dereito en Madrid, durante a Guerra civil combateu do bando nacional nun servizo de protección do patrimonio cultural. Cando rematou o conflito, como home de confianza do novo réxime de Franco, converteuse en comisario da "I Zona do Servizo de Defensa do Patrimonio ArtÃstico", o departamento encargado da vixilancia e conservación do patrimonio cultural de Galicia, Asturias e León. Tralo remate da II Guerra Mundial, Chamoso recibiu o encargo de desenvolver a parte compostelá do Plan Xeral de Defensa Pasiva. O 27 de maio de 1946 o comisario presentou un informe á xunta de defensa local no que enumeraba as prioridades de protección do conxunto monumental de Compostela no caso dun ataque. Nese momento, o goberno de Franco esperaba unha potencial intervención estranxeira para rematar coa ditadura, e estes preparativos debÃan responder a ese contexto polÃtico.
Chamoso coñecÃa ben, por experiencia persoal durante a Guerra civil, as terribles consecuencias dos conflitos bélicos no patrimonio cultural. Pero tamén do salto tecnolóxico cualitativo da II Guerra Mundial, en especial a bomba atómica. O historiador cre imposible defender Santiago de producirse unha gran escalada bélica. No informe afirma que son "dificultades totalmente insuperables (...) chégannos detalles sobre poderosos medios de destrución que tiveron funesta ocasión de ser experimentados recentemente na pasada guerra e hoxe xa a propaganda lles atribúe sinistra perfección".
Santiago, cidade aberta
A principal solución proposta por Chamoso Lamas é abraiante. Propón a declaración de Santiago de Compostela como "cidade aberta". Trátase dunha solución de dereito internacional que toman os gobernos defensores e que consiste en dúas medidas: retirar todos os obxectivos militares estratéxicos da cidade afectada e declarar que, no caso de ser invadida, non presentará resistencia ao invasor. Esta decisión tomábase para evitar a destrución dun conxunto urbano de gran valor cultural durante os combates. Por exemplo, os franceses declararon ParÃs deste xeito en 1940 ante o avance do exército alemán, Franco en 1945 en Tánger ante o avance aliado ou os propios nazis en varias cidades do seu dominio, como Atenas (1944), Viena (1945) ou Roma (1943), a cal inspirarÃa en parte o famoso filme Roma, città aperta de Roberto Rossellini.
"Esta comisarÃa considera pertinente realizar cantas xestións foran precisas para acadar a declaración de Cidade Aberta en tempos de guerra", afirma Chamoso, quen informa que deberÃan saÃr de Santiago e as súas inmediacións todas as instalacións e obxectivos militares: "os dous cuarteis, a emisora de radio e o aeródromo de Lavacolla, que está en liña recta de Santiago pouco máis de seis quilómetros, distancia difÃcil de considerar nun raid aéreo a tres mil metros de altura".
Chamoso querÃa evitar a toda costa a posibilidade de bombardeo ou ataque sobre un conxunto monumental que vÃa case imposible de protexer nos seus edificios, e a mellor solución que atopou o historiador foi a retirada do exército e a rendición sen resistencia de Compostela a un posible invasor. Insistirá nesta solución nun engadido posterior ao informe. Na documentación pódese apreciar que o Exército considerará pouco efectiva esta posible medida.
O mosteiro de Samos, centro refuxio
Entre os obxectivos do Plan de Defensa estaba o establecemento dos chamados "Centros refuxio", lugares distanciados nos que evacuar o patrimonio moble máis valioso. Para o patrimonio artÃstico de Compostela, Chamoso defende a evacuación do que considera bens de "primeira categorÃa" ao mosteiro de Samos, no corazón das montañas luguesas. Nunha estampa que se parecerÃa moito á do famoso convoi que evacuou os cadros do Museo do Prado durante a Guerra Civil, os responsables de patrimonio deberÃan mover ata os confÃns de Lugo todo o Tesouro da Catedral de Santiago, os "libros raros, códices e incunables" do Arquivo Diocesano, as "pezas máis importantes do Museo Diocesano, esculturas e tapices" e os "libros raros" da biblioteca da Universidade de Santiago.
O comisario Chamoso Lamas tiña claro os motivos. O mosteiro de Samos era unha "edificación distanciada das costas e fronteiras, emprazada en lugar apartado de todo obxectivo militar ou estrada que puidera ser roteiro de guerra, unha edificación de grandes garantÃas construtivas e perfecto estado de conservación". O mosteiro de Samos, un dos grandes cenobios da Galicia medieval e do Antigo Réxime, atópase a 130 quilómetros de Compostela. Dase a paradoxa de que Samos sufrirÃa un enorme e devastador incendio apenas cinco anos despois da redacción deste informe: o 24 de setembro de 1951.
A ameaza da guerrilla antifranquista
Porén, Chamoso Lamas realiza unha advertencia sobre o mosteiro de Samos. Será nun engadido a este informe, realizado un ano despois. "Antes de ser aceptado (o mosteiro de Samos como centro refuxio), será preciso obter da autoridade competente informes sobre a posibilidade de que aquelas terras que rodean o mosteiro poidan acubillar elementos rebeldes capaces de integrar un perigo de quinta columna nun momento dado, constituÃndo asà unha ameaza de perigo co que non se contaba". A presenza da guerrilla antifranquista galega nos montes de Lugo, Ourense e León era aÃnda moi forte a finais dos anos 40, con varias partidas de maquis que seguÃan a realizar accións de sabotaxe e resistencia diante do Estado franquista.
O xeneral de Enxeñeiros Salvador GarcÃa de Pruneda, que respondeu as consideracións de Chamoso noutro informe de 1947, recoñece esta posibilidade. "a posibilidade de que xurdiran elementos rebeldes que constituÃran un perigo é atinada". Pero o informe revela como a escala da resistencia antifranquista era un problema que distaba aÃnda de estar só localizado a pequenos redutos das montañas, e que era aÃnda un problema real en Galicia para Franco oito anos despois de rematada a Guerra civil. "Por desgraza, este risco o mesmo pode presentarse en Samos que noutro lugar de Galicia, xa que a orografÃa do paÃs, a súa estrutura de aldeas illadas e ata a vexetación fanno terreo propicio para que o morbo se desenvolva en ambiente favorable".
O que tiña que quedar en Compostela
O informe de Chamoso Lamas chama a atención sobre o que se poderá protexer e o que non. Por exemplo, descarta tomar medidas de protección en edificios coma o pazo de XelmÃrez, o convento de San Francisco ou San Domingos de Bonaval. "Nada se pode facer", sinala de maneira drástica. No caso de San Domingos de Bonaval advirte do valor da igrexa como exemplo do gótico galego e sinala o perigo de que se converta en obxectivo militar. "Alà atópase a emisora de Radio Santiago e a antena na torre da igrexa".
O comisario céntrase en medidas de protección para os inmobles que estima máis singulares da cidade: o Pórtico da Gloria e a portada de PraterÃas, na catedral de Santiago, e a portada do Hostal dos Reis Católicos. O mais importante, o Pórtico da Gloria: "O seu valor é tan extraordinario que constituirÃa unha gran responsabilidade non esgotar cantas probabilidades de esgotar a súa protección poidan ser empregadas". Na documentación da ComisarÃa aprécianse as diferentes teorÃas sobre o mellor xeito de protexer os pórticos. Chamoso aposta por unha solución de sacos terreiros protexida cun muro de ladrillo para frear a metralla. O máis sorprendente é o pragmatismo dos informes. No caso dun ataque aéreo, "a fachada do Obradoiro funcionarÃa como contención dos impactos sobre o propio Pórtico da Gloria".
Ante todos aqueles bens de "segunda categorÃa" que non puideran ser evacuadas ao mosteiro de Samos, Chamoso avoga por converter os salóns do Museo Diocesano da catedral (localizados na planta baixa" en "cámaras fortes". Sinala que "pola súa estrutura e distribución constitúen poderosos refuxios" aos que levar todas as obras de arte restantes.
Os informes poden ser consultados de maneira Ãntegra en Galiciana, xa que a documentación da ComisarÃa da I Zona do Servizo de Defensa do Patrimonio ArtÃstico está custodiada nos fondos de Chamoso Lamas que atesoura o Arquivo de Galicia.