A exposición VigoMuras Serigrafía Galega 1971 amosa obras de 19 nomes históricos da arte galega

O Legado Activo Beiras Cal coordina este proxecto que se pode ver ata o vindeiro 19 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
A exposición VigoMuras Serigrafía Galega 1971 amosa obras de 19 nomes históricos da arte galega

A aldea das Aguias (Muras, Lugo) acolle desde este 19 de xullo e ata o vindeiro 19 de outubro a exposición VigoMuras Serigrafía Galega 1971. Este proxecto coordinado polo Legado Activo Beiras Cal compila unha selección de 44 obras realizadas nesta técnica por dezanove nomes destacados das nosas artes que fixeron parte da serie Serigrafía Galega que publicara Álvaro Álvarez Blázquez naquel ano.

A colección foi adquirida naquel momento por Antía Cal, e compleméntase cunha mostra bibliográfica de volumes das editoriais Monterrei e Castrelos e publicacións relacionadas coa familia Álvarez Blázquez, todos eles tirados dos fondos do Arquivo Antía Cal e Antón Beiras.

A vella caseta de Correos, a taberna do Mesón das Aguias e o hórreo da casa do Mesón da aldea das Aguias, localidade natal de Antía Cal, acollen este proxecto.

Entre os nomes que fan parte da mostra atópanse Seoane, Laxeiro, María Antonia Dans, Virxilio, Díaz Pardo, Ventura Cores, Mercedes Ruibal, Xosé Luis de Dios ou Vidal Souto entre outros. A apertura da mostra incluíu unha demostración de técnica serigráfica a cargo de Xermán A. Refojo.

Que che parece esta nova?
190 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Antía Cal, Virxilio, Laxeiro...