Na procura dun nome para unha foto icónica

O Legado Activo Beiras Cal procura a identidade da moza labrega

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Fotografía de A malla de Pascual. Antón Beiras, 1957

Fotografía de A malla de Pascual. Antón Beiras, 1957

Entre o amplo legado deixado polo matrimonio formado por Antón Beiras e Antía Cal, estaban as fotografías tomadas polo médico compostelán en Muras durante a malla de 1957. Con 36 desas fotografías que dan conta dos traballos colectivo da aldea, o Legado Activo Beiras Cal organizou na aldea de As Aguias (Muras) unha exposición na que pouco a pouco foron identificando os diferentes participantes. "O empeño por localizalos a todos vén dado porque Antón Beiras situounos como protagonistas dunha tarefa colectiva que el quixo retratar, dando a verdadeira dimensión do valor do traballo realizado. Se para el non foron tratados como figurantes, senón como actores principais diante da cámara, merecen o esforzo de que agora saibamos nós poñerlle nomes e saber algo da súa historia", explican desde a organización. Porén, unha das fotos máis icónicas e que dá fondo ao cartel da propia exposición, que amosa unha rapaza cargando un capacho, continúa aínda na incógnita. "A muller da que se quere descubrir a identidade podería ter agora ao redor de 85 anos", explican desde a organización. O Legado fai un chamamento para identificar a esta moza.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Antía Cal

Claves

Protagonistas
Conceptos