Unha ruta presenta o legado literario vencellado á Arousa

A Fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla amosa o proxecto nunha exposición

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaExposicións
Compartir:
Unha ruta presenta o legado literario vencellado á Arousa

Recoller o legado literario que existe arredor das terras da Arousa polas que pasa a Ruta Xacobea é o obxectivo do proxecto que acaba de presentar a Fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla. Unha exposición no compostelán Pazo de Fonseca amosa a Ruta Literaria coa que esta entidade quere reivindicar que Camilo José Cela, Rosalía de Castro, Valle Inclán, Castelao, Dieste, Ramón Cabanillas, Paio Gómez Chariño, Manuel Antonio ou Macías o Namorado residiron e traballaron nas beiras deste camiño. A fundación editou tamén unha serie de folletos para dar a coñecer esta ruta.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arousa, Ulla, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio...