Dentro dos camiños de Santiago que transcorren polo noso paÃs, hai un que conmemora o primeiro dos itinerarios relacionacionados co Apóstolo. A Ruta Xacobea mar de Arousa e rÃo Ulla transcorre polos escenarios que, segundo a lenda, percorreu a barca na que Atanasio e Teodoro trouxeron a Galicia os restos do santo desde Jaffa, en Palestina. Coñecemos un pouco máis este curioso traxecto, que non conta con evidencias históricas de peregrinacións.
A Ruta Xacobea mar de Arousa e rÃo Ulla non recolle, como os outros traxectos cara a Santiago, un tradicional itinerario de paso de peregrinos. Malia a que está recoñecido no web do Xacobeo como unha das rutas oficiais de peregrinación, este percurso marÃtimo pretende rememorar a vÃa pola que, segundo a lenda, Atanasio e Teodoro trouxeron o corpo do apóstolo de Jaffa, Palestina, a Iria Flavia.
A recuperación
Fóra das lendas, a orixe do actual roteiro hai que buscala en 1963, cando diferentes concellos, persoeiros, e entidades da comarca de Arousa se unen para a reivindicar o evento. Segundo explica Javier Sánchez-Agustino, actual presidente da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla, “daquela non era aÃnda unha fundación, a actual entidade naceu en 1999. No 63 o fundador, José LuÃs Sánchez-Agustino López presentou a ruta xacobea na asemblea provincial de Turismo na Illa de Arousa. Logo fóronse unindo unha serie de mecenas como concellos, a Armada, a Igrexa, ou diferentes entidades da vida cultural e pública. A verdade é que naquel momento foron moi avanzados na promoción do xacobeo, sen contar con apoios públicos como os que existen actualmente”. Naquela primeira reivindicación para dar a coñecer esta ruta estaban diferentes persoeiros da comarca de Arousa.
Os creadores do viacrucis
A ruta transcorre entón polo medio e medio da RÃa de Arousa, e o seu percorrido está sinalizado mediante os cruceiros que conforman o coñecido vÃa crucis marÃtimo da rúa. Foi precisamente a propia Fundación a que desenvolveu, como unha das súas primeiras actividades, esta sinalización tan peculiar que xa fai parte da paisaxe do noso paÃs. “Son dezasete cruceiros de pedra. Nos últimos anos instalouse algún máis, pero a maiorÃa puxéronse entre 1965 e 1968”, explica Javier Sánchez Agustino. “Todos eles foron doazóns de entidades públicas e privadas, desde parroquias á armada, o Goberno Civil ou a o Comandancia de mariña. Hoxe son xa un patrimonio inigualable e exclusivo, eu cando menos non coñezo outros viacrucis marÃtimos”, completa.
Sen peregrinos
Segundo recoñece o responsable da entidade, “a ruta naceu como ruta que conmemoraba a traslación, non como ruta de peregrinación. Nos últimos tempos, a raÃz da promoción que se fixo, si que houbo xente que foi a Santiago por esta vÃa, pero a nivel histórico aÃnda está a se investigar se houbo peregrinacións marÃtimas e cal foi a súa importancia”. No entanto, si existen rexistros que falan de peregrinos que se achegaban a Catoira logo de visitar Compostela, para rezar na capela que existe dedicada ao apóstolo nas Torres de Oeste, e precisamente do fondo do rÃo diante deste conxunto se recuperou unha imaxe do apóstolo do século XII. Por mor desa escasa tradición de viaxeiros, o itinerario non conta con etapas marcadas no web do Xacobeo nin existe unha rede albergues ou outras instalacions habituais nestas rotas, aÃnda que iso pode mudar.
A buscar visitantes
Este mesmo ano diferentes axentes da zona, como a Federación galega da cultura marÃtima e fluvial o Club Naútico de San Vicente do Mar, ou os Cabaleiros da Ruta MarÃtima presentaron unha iniciativa que pretenden favorecer o fluxo de visitantes a través deste camiño. O proxecto, coñecido como Ruta da Traslatio, creou un documento (a Cartilla de Navegación da Traslatio) que acredita, mediante selos que os visitantes partiron de San Vicente do Grove e chegaron a Padrón parando, cando menos, nun dos portos intermedios da RÃa. Precisamente a apoiar esta iniciativa, a Fundación está a traballar para conseguir que a Igrexa recoñeza coa Compostela ou cun recoñecemento similar aqueles peregrinos que cheguen á Cidade do Apóstolo seguindo este camiño. “Estamos a tentar que haxa recoñecemento eclesiástico para aquelas persoas que fagan o camiño desde a bocana da rÃa ata Padrón e Compostela, lembra o presidente da fundación. “Temos dous padroeiros que son coengos da Catedral e pensamos conseguilo”. Canda a isto, “colaboramos co recoñecemento destas actividades, que recollen o xermolo da Fundación e pretenden promocionar a zona. Pensamos que pode ser unha ruta turÃstica e gastronómica, ademais de cultural, para potenciar os concellos da zona”.
Outras promocións
Precisamente, desde 1965 a Fundación organiza remontes de peregrinación que segue este itinerario no que contan con diferentes embarcacións e, nos últimos anos xacobeos, coa dos participantes na coñecida Ruta Quetzal. De xeito paralelo, publicou folletos e realizou diferentes iniciativas de promoción. Nestes 2010 o evento vai pola súa XXVI edición. Na actualidade, as actividades da Fundación céntranse en promocionar esta ruta, coa organización dos premios que levan o seu nome e que recoñecen traballos de fotografÃa e mais de xornalismo e literatura. Unha das iniciativas máis recentes foi a publicación, este verán, dunha guÃa turÃstica que recolle información dos 22 concellos presentes na Fundación, e da que se distribuÃron 10.000 exemplares. Entre os proxectos inmediatos desta entidades están “a convocatoria dun concurso escolar de debuxo nos concellos da zona, asà como un descenso en piragua desde Parón e Cesures ata VilagarcÃa de Arousa”, explica o Javier Sánchez-Agustino.