Concellos e empresas de Arousa e Padrón buscan definir outro roteiro marítimo xacobeo

Xa existe unha ruta fluvial Mar de Arousa - Río Ulla recoñecida no Camiño de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: XacobeoCamiño de Santiago
Compartir:

O concello de Padrón acolleu onte unha xuntanza con representantes dos concellos do Grove, Cambados, Vilagarcía, Rianxo e Catoira xunto cos responsables de varias empresas privadas de navegación turística, a Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial, o Clube Náutico de San Vicente do mar e os Cabaleiros da Ruta Marítima. O obxectivo é crear un convenio para promover un novo roteiro turístico que recree a Traslatio (o traslado) dos restos do Apóstolo desde a entrada da Ría ata Padrón que acade carácter oficial no seu recoñecemento.

O proxecto pasa porque en cada un dos concellos arousáns e do Ulla ata Padrón haxa portos de atraque para os barcos que fagan este roteiro. Hai dúas navieiras turísticas da Arousa que van ofrecer o itinerario. Cada concello sería responsable de cuñar a credencial en cada unha das sedes de parada.

Xa existe na actualidade unha itinerario marítimo Ruta fluvial Mar de Arousa - Ulla recoñecido como itinerario xacobeo. Durante a xuntanza, o tenente de alcalde de Padrón, Eloy Rodríguez, insistiu en convidar á participación da asociación da Ruta Fluvial Mar de Arousa - Río Ulla.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Padrón, Arousa, Xacobeo, Ulla...