O Legado activo Beiras-Cal inaugura unha exposición en Muras

Recolle as fotografías dunha malla feitas en 1957 na aldea das Aguias

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
O Legado activo Beiras-Cal inaugura unha exposición en Muras

A pequena casa de correos da aldea das Aguias (Muras) vén de acoller a primeira actividade do Legado Activo Beiras-Cal (LABC), un concepto promovido pola familia de Antón Beiras e Antía Cal para facer visibles os materiais, documentación e obra desta parella de intelectuais galeguistas. A primeira acción é unha exposición "A con 35 fotografías obtidas por Antón Beiras en 1957 durante unha malla nesta aldea. O Legado Activo Beiras-Cal custodia unha biblioteca, documentación sobre Muras, material audiovisual e outras pezas. "Desde a familia, sentimos a obriga de compartir o que deixaron, pretendemos evitar a musealización, o que nos interesa é dinamizar, crear un bo relato e amosalo", sinalou Miguel Piñeiro, voceiro da familia, a Atlántico Diario. A exposición pódese visitar ata o 27 de outubro.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Piñeiro, Antía Cal, Atlántico

Claves

Lugares