AntÃa Cal, "Tita", naceu en 1923, na Habana, como filla de emigrantes galegos de Muras e chegou á Galicia con nove anos, quedando coa familia en Vigo, onde estudiou comercio entre 1940 e 1945, por desexo paterno. As súas propias inquedanzas pola educación levárona despois a estudar as carreiras de Maxisterio e XeografÃa e Historia na Universidade de Santiago ao rematar a guerra civil. Casou co oftalmólogo Antón Beiras en 1947, home galeguista irmán de Manuel Beiras. Co seu home fixo numerosas viaxes por Europa e coñeceu outras correntes pedagóxicas diferentes as que imperaban en España, como foi o caso das do suÃzo Johann Heinrich Pestalozzi (1746-1827), considerado un dos pais da pedagoxÃa moderna. Con estas ideas AntÃa decidiu abrir en Vigo o seu propio centro educativo, o Colexio RosalÃa de Castro, onde puxo en práctica as súas ideas de renovación pedagóxica desde 1962. AlÃ, primando a creación persoal e a busca de coñecemento sobre os resultados académicos, implantou un modelo bilingüe que incluÃa o inglés ademais do castelán, máis adiante ese centro serÃa pioneiro en incluÃr o galego no ensino na nosa comunidade. Alà a mestra inventou un xogo: a palabra xusta. Cada dÃa ao finalizar as clases pedÃa aos alumnos que elixisen unha palabra que sintetizase o que aprendera nesa xornada. 'A palabra xusta' é tamén o tÃtulo que se lle deu no ano 2016 ao documental no que o seu xenro, o realizador, Miguel Piñeiro, facÃa unha entrevista á mestra na que Ãa contando o seu percorrido vital e profesional, desde a casa familiar de Muras.
AntÃa Cal quedou viúva con catro fillos en 1968 e 20 anos despois xubilarÃase do ensino, en 1988. AÃnda asà sempre se mantivo presente na vida cultural e no desenvolvemento pedagóxico de Galicia, onde é unha figura fundamental tamén no eido da representación da muller na sociedade. Recibiu numerosos premios e recoñecementos pola súa labor pedagóxica e a prol do idioma, como Premio Trasalba ou o Pedrón de Ouro ou o Premio Otero Pedrayo, en Vigo dedicóuselle unha rúa, ademais varios colexios da comunidade levan o seu nome e foi homenaxeada na Mostra de teatro de Cabngas e noutras ocasións desde o mundo da cultura, que sempre a tivo presente. Deixa pouca obra escrita, incluÃndo 'O libro dos nenos. Enciclopedia pro neno galego', co que en 1958 obtivo un premio do Hogar Gallego de Caracas. Participou de numerosas actividades, xornadas e congresos, como o congreso internacional 'O exilio galego', que organizado polo Consello da Cultura Galega tivo lugar en Santiago de Compostela nos finais do mes de setembro do 2001. Hoxe o ensino galego, especialmente aquel que atende ás primeiras etapas da formación das persoas, está de loito coa perda desta mestra de referencia da renovación da pedagoxÃa.
La Palabra Justa from Alfonsin Digital Lab on Vimeo.