Álvaro Álvarez Blázquez, pioneiro da serigrafía en Galicia faleceu o pasado domingo

Serigrafía orfa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Membro destacado do movemento cultural galego desde os anos cincuenta, amigo de Celso Emilio Ferreiro e, sobre todo, pioneiro da serigrafía en Galicia. Álvaro Álvarez Blázquez falecía o pasado omingo aos 84 anos de idade en Vigo. Álvarez Blázquez fundara nos anos setenta o taller Serigrafía Gallega, desde o que se realizaron con esta técnica obras de artistas coma Quessada, Días Pardo, Urbano Lugrís, Castelao ou Luís Seoane. Precisamente unha mostra destes traballos se puido ver aínda no ano 2003 na casa das artes de Vigo.

Máis información en La Voz de Galicia e no Noso tema sobre a saga Álvarez

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Luís Seoane, Urbano Lugrís, Celso Emilio Ferreiro...