Emilio Álvarez Giménez, Xerardo Álvarez Limeses, os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez e Xosé María Álvarez Cáccamo son os autores que aparecen en "Escolma de familia", a antoloxía que ven de publicar Xerais sobre a saga familiar máis importante da literatura galega.
Xuntanza Familiar
"Escolma de familia" é un volume que recolle obras en galego de catro xeracións de autores desta saga. Desde o século XIX ata o XXI, vemos a producción, principalmente poética, dos membros dunha familia e a evolución de estilos neste período, do romantismo ó modernismo, imaxinismo, neotrovadorismo, realismo social ou clasicismo son algúns dos estilos que aparecen na escolma. Ademais dos poetas, a obra pictórica de Berta Álvarez Cáccamo está representada na portada do libro. Segundo Xavier Rodríguez Baixeras, autor do prólogo da obra, detéctanse certos nexos comúns entre os estilos, como a presencia do humor e as referencias á familia nos poemas.
Os devanceiros
A saga comezou con Emilio Álvarez Giménez, que en 1884 escribiu "María Castaña", o primeiro drama histórico en galego. O seu fillo, Xerardo Álvarez Limeses herdou a súa afección polas letras e desenvolveu a comezos do século a súa obra poética en galego e en castelán, seguindo a corrente imaxinista de Amado Carballo. A eles seguiríanos Emilio e Xosé María Álvarez Blázquez, que desde os anos trinta praticaron unha literatura recoñecida unanimamente como de grande calidade.
As últimas xeracións
Os tres fillos de Xosé María Álvarez Blazquez, Alfonso, Xosé María e Celso Álvarez Cáccamo continúan hoxe en día a tradición literaria con grande éxito no campo da poesía. Ademais, Emilio Álvarez Negreira, doutra póla da familia tamén se dedica ás letras e Berta Álvarez Cáccamo desenvolve o seu labor artístico na pintura