Falece o músico Nemesio García Carril

O compositor e investigador foi mestre de capela da Catedral de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasMúsica
Compartir:

Natural de Sobrado dos Monxes, onde naceu en 1943, falecía o venres en Málága aos 82 anos de idade o músico, compositor e investigador musical, Nemesio García Carril. Foi soterrado en Granada, cidade na que tiña o seu domicilio habitual desde os anos 90. García Carril foi mestre de capela da Catedral de Santiago de Compostela entre 1971 e 1986. Como musicólogo investigou sobre a música popular galega e recibiu o Premio da Crítica Galega de 1984. Na súa faceta de compositor e arranxista para o audiovisual a el se lle debe a primeira interpretación da Internacional Socialista en TVE, como parte do dseu traballo de dirección musical para a serie 'Los gozos y las sombras' nos anos 80. A súa obra musical foi obxecto dunha exposición en 2023 na Biblioteca Capitular da Catedrañ de Santiago. Exerceu como catedrático de música e docente en Granada.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Granada, TVE...