Un novo disco recupera máis música inédita dun dos músicos máis significativos da Idade Moderna galega: José de Baquedano. O investigador Albert Recasens, da Universidade de Navarra, editou o álbum en CD José de Baquedano. Música en latÃn para la Catedral de Santiago, recuperando o repertorio vocal inédito de quen foi mestre de capela da catedral de Santiago ata a súa morte en 1711 e autor dun estilo compositivo de elevada calidade. "A produción de Baquedano ofrece unha admirable simbiose de estilo moderno -con xiros melódicos italianizante, armonÃa osada, cromatismo ou intervencións para solistas- e a linguaxe polifónica tradicional que imperaba nos centros eclesiásticos hispanos", sinala Recasens. A música de Baquedano xa fora recuperada pola Catedral de Santiago ou o Grupo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela, aÃnda que Recasens puntualizou que "a obra gravada é reducida e non é proporcional á importancia e a calidade artÃstica da produción conservada". As pezas do álbum xa foran interpretadas nun concerto na Catedral de Santiago en 2021.
Escoita "Assumpta est Maria":
Escoita "Assumpta est Maria":